A COVID-19 impactou de cheo nas nosas vidas e no día a día das empresas. A 'nova normalidade' imponnos restricións de viaxes e novas regras sobre reunións, formacións e traballo na oficina que cambiaron as rutinas diarias dos traballadores. O teletraballo converteuse nunha necesidade e na mellor opción,para garantir a continuidade do negocio; sabemos que chegou para quedar, así que debemos aproveitar ao máximo todo o seu potencial, para o que se fai indispensable contar con ferramentas que o faciliten.

Neste contexto cremos que Microsoft Teams é unha ferramenta idónea para a colaboración e o traballo en equipo de maneira remota. A súa principal achega radica en permitir o traballo colaborativo e compartir en tempo real documentos co equipo de traballo onde todos os integrantes van poder visualizar, editar e gardar o traballo realizado sen necesidade de reunións de revisión ou seguimento.

teams_teletrabajo

Para que poidas avaliar as vantaxes de Teams, R, xunto a Microsoft, pon á túa disposición un paquete de licenzas denominado 'Teams Trial' que inclúe Teams e acceso ás principais aplicacións de Microsoft 365 (Word, Excell, PowerPoint, OneDrive, OneNote,..)

Está incluída dentro da solución ofimática Microsoft 365 e ofrece un amplo abanico de posibilidades ao redor da comunicación e do traballo colaborativo e permítenos realizar audio conferencias e videoconferencias con integrantes tanto da organización como alleos á compañía. Conta con mensaxería instantánea cifrada para non descoidar en ningún caso a seguridade, un factor que sabemos que vos preocupa especialmente pois estamos a manexar datos empresariais sensibles.

Queres tirarlle o máximo partido a esta ferramenta de traballo colaborativo?

Neste videotutorial explicámosche como crear os usuarios e asignarlles as licenzas de proba para que poidan ter acceso ás aplicacións que conforman Teams Trial.

Tamén podes consultar estes webinars con casos de éxito de uso de Microsoft Teams que foron elaborados por Microsoft Iberia.

Se queres saber máis sobre solucións de traballo colaborativas e solucións para o teletraballo tan útiles e necesarias na 'nova normalidade' que nos deixa o coronavirus, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área Comercial Empresas.