Pensaches algunha vez nas vantaxes que lle achegaría á túa empresa dispoñer de postos de traballo simples, integrados e móbiles? Ou, o que é o mesmo, unha oficina sen cables que facilite a mobilidade.
Falamos dun modelo de oficina que integra ferramentas ofimáticas e de colaboración coas comunicacións nunha mesma interface multidispositivo e de uso sinxelo. Un concepto que na nova era do teletraballo e da dixitalización adquire especial relevancia, máis en tempos de pandemia.
Para facilitar ese camiño cara á chamada oficina sen cables, en R incorporamos recentemente Teams Direct Routing ao noso catálogo de solucións cloud. Teams Direct Routing permite usar Microsoft Teams - web móbil, PC ou MAC - como un softphone (software para realizar chamadas a outrossoftphonesou a outros teléfonos convencionais usando VoIP(Voz sobre IP) ou ToIP (Telefonía sobre IP) e numeración telefónica convencional a aquelas medianas e grandes empresas que xa migrastes ou que estades en proceso de migrar a solucións colaborativas de Microsoft 365. Deste xeito, os usuarios de Teamspoden realizar e recibir chamadas da mesma forma que o fan a través do seu terminal telefónico habitual e conseguir así unha funcionalidade integrada de traballo colaborativo completa que aproveita as vantaxes de Microsoft Teams como contorna de colaboración e catalizadora da produtividade.
Direct Routing é unha solución baseada en SBC deRibbon ('Sesión Border Controler') dedicado para cada cliente e despregado nos nosos datacenters. En R dispoñemos de centros de datos con tecnoloxía de última xeración, ao igual que nos outros territorios, ademais de Galicia, en que dá servizo eo Grupo Euskaltel (Asturias e Euskadi). Sempre destinados especificamente a ofrecervos aos clientes solucións tecnolóxicas próximas e personalizadas. Este SBC actúa de gateway/transcoder entre o Tenant Microsoft 365 e o SIP Trunk ou centraliña do cliente e, ademais, intégrase de forma sinxela co servizo SIP Trunkde R e permite abordar escenarios con ou sen centraliña existente de cliente.
Acabamos de celebrar un encontro dixital sobre Integración Telefonía en Teams:
En suma, Direct Routing é un servizo chave en man totalmente administrado que inclúe tanto a implantación e posta en marcha como o mantemento e o soporte dunha solución que traslada á práctica con éxito os conceptos de mobilidade, permitíndoche levar o teu fixo onde queiras no teu móbil, tableta ou PC, e seguridade, con comunicacións que seguen sendo seguras aínda que esteas de viaxe, na túa casa ou alí onde non traballes dende a rede interna da túa empresa. Porque Microsoft Teams permítelles aos equipos de traballo dispoñer dun espazo de colaboración onde compartir coñecemento e comunicarse e no que tamén poden realizar videoconferencias de alta calidade ou compartir escritorios e documentos en tempo real.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.