En R sabemos que para os nosos clientes profesionais ou que teñen un negocio, é fundamental estar sempre conectados. O móbil é hoxe en día unha ferramenta indispensable para falar cos clientes, cos provedores, para organizar o traballo entre os empregados da empresa… Así que precisan dunha tarifa que responda, coas máximas prestacións e, a poder ser, que non dispare os gastos do mes.

En móbilR demos un primeiro gran paso, pensando nos nosos clientes de negocios, ao lanzar chamadas ilimitadas entre as liñas do mesmo contrato (cun máximo por chamada de 60 minutos). Pero agora queremos dar outro paso, polo que sacamos unha tarifa pensada para as túas liñas adicionais, para que non só teñas chamadas ilimitadas entre os teus números.

Coa nova

rel="noopener noreferrer">tarifa R, se xa tes unha liña con tarifa ilimitada (plana 22 ou plana 32), podes coller ata tres liñas adicionais ao mellor prezo e coas mellores condicións do mercado.

Que ofrece? Por só 10,74€ (13€ IVE incl.) tes chamadas ilimitadas a calquera teléfono fixo ou móbil a nivel nacional (cun máximo de 1 hora por chamada, pero podes colgar e chamar as veces que queiras), datos ilimitados a través de wificlientesR e, ademais, 3GB de datos. Soa ben, a que si?

Pois xa pode ser túa, porque está dispoñible dende hoxe para todos os nosos clientes de empresa. Só nos tes que chamar ao 1446 ou ben enviarnos un correo a [email protected] e tramitaremos a túa petición.

Ademais, mantés os descontos que xa tes no teu combo ao ter os teus servizos integrados con R. E continúas a desfrutar, por suposto, da mellor atención ao cliente e soporte técnico dende Galicia e da mellor calidade de servizo, pero agora tamén cun prezo sen competencia.