Nort3d Ingeniería y Fabricación del Norte ten como obxectivo facilitar ás empresas e particulares o desenvolvemento das súas ideas e proxectos a través da impresión, modelado e escaneado 3D.
Forma parte da aceleradora BFA Business Factory Auto da Xunta de Galicia que a apoia para o desenvolvemento de novos proxectos de i+D. Tamén participa programa de startups R, iniciativa composta por varias empresas galegas tecnolóxicas de recente creación e ten como obxectivo fomentar o seu crecemento.
Nesta ocasión puidemos falar cun dos seus fundadores, Gonzalo Piñeiro, que nos conta detalladamete o que fan en Nort3d.
- Como e cando xurdiu a idea de crear Nort3D Ingeniería y Fabricación del Norte? Que necesidades detectastes no mercado que vos levaron a crear esta empresa?A empresa Nort3D xorde hai 4 anos nun pequeno baixo dunha casa en Moaña. Catros socios, que proveñen de distintos sectores industriais, deciden iniciar a súa andaina no mundo do desenvolvemento de produtos.
Este sector está ligado ao deseño de novos produtos e por este motivo xurdiu a posibilidade de utilizar máquinas de fabricación aditiva, impresión 3D, para face prototipos. Esta idea levounos a adquirir a primeira impresora industrial, iso si, de segunda man.
Os comezos foron difíciles posto que o mercado de desenvolvemento de novos produtos na nosa rexión é moi limitado. Empezamos a expandir a carteira de servizos cara a fabricación aditiva e o escaneado 3D, para iso incorporamos novas máquinas.
É a finais de 2017 cando verdadeiramente este negocio da un troco. Comezamos a traballar con clientes da industria da automoción, entramos no BFAuto co proxecto SIMAXSU, un dispositivo magnético pilotado por impulsos de aire para manipulación de pezas metálicas e demos un impulso en visibilidade. Foi nesta época cando nos establecemos como Ingeniería y Fabricación del Norte.
Actualmente, somos unha enxeñería especializada en fabricación aditiva e desenvolvemento de produto. Poñemos a disposición dos nosos clientes os servizos de modelado, escaneado e enxeñería inversa, ademais da fabricación aditiva. Contamos cun parque de maquinaria que cubre todas as necesidades en canto a tecnoloxías.
Dende marzo de 2019, estamos situados no polígono Industrial de Porto do Molle (Nigrán) e contamos cun total de 6 traballadores.
- A que sectores de actividade vos dedicades?“Actualmente, somos unha enxeñería especializada en fabricación aditiva e desenvolvemento de produto. Poñemos a disposición dos nosos clientes os servizos de modelado, escaneado e enxeñería inversa, ademais da fabricación aditiva.”
O noso negocio ten dúas bases: a industrial, onde o sector automoción ten grande importancia, e o da saúde, onde traballamos con profesionais médicos para o deseño e fabricación de biomodelos e complementos para o tratamento de diferentes doenzas.
- Cal foi a acollida da vosa empresa por parte do mercado?A nosa labor foi evanxelizar no uso das tecnoloxías de fabricación aditiva nunha industria acostumada a utilización de tecnoloxías de mecanizado. Unha vez que estas tecnoloxías son coñecidas, a penetración no mercado é máis doada polas moitas posibilidades que isto ofrece. Este motivo, vencellado a outros servizos que ofrecemos, foi moi produtivo, xa que fixo que numerosas empresas conten con nós para o desenvolvemento de novos proxectos.
- Pertencedes á BFA Business Factory Auto da Xunta de Galicia, que vos aportou pertencer a esta aceleradora?“A nosa labor foi evanxelizar no uso das tecnoloxías de fabricación aditiva nunha industria acostumada a utilización de tecnoloxías de mecanizado.”
Pertencer a BFA foi o derradeiro empurrón para converter o noso proxecto emprendedor nunha empresa. Dotounos de visibilidade no sector e brindounos a capacidade de contactar con numerosas empresas grazas, en gran medida, ao grande equipo humano do CEAGA, órgano xestor da aceleradora.
Os nosos principais motivos de entrada foron dous. O primeiro, darnos a coñecer no sector da automoción e acceder aos seus foros públicos e medrar como provedor de servizos.
O segundo motivo foi que detectamos unha necesidade no sector da automoción que se podería cubrir coa fabricación aditiva. Pero este tipo de actividades de i+D teñen un elevado custe económico que se pode afrontar grazas ao apoio da aceleradora. Ademais dispoñer dun titor industrial axiliza este proceso.
- Que retos vos marcades a longo prazo?A nosa meta é medrar ata converternos nun referente en fabricación aditiva e enxeñería inversa. E poder participar en proxectos cada vez máis ambiciosos e sacar ao mercado paralelamente una liña de produtos industriais propios.
- Cal foi o motivo para formar parte do programa de startups R?Grazas á nosa participación na BFAuto, puidemos adherirnos ao programa startups R que nos permitiu manter baixos os custos de telecomunicacións nas primeiras etapas do proxecto e ademais outorgounos visibilidade.
- Que vos aportou o programa ata o de agora?“A nosa meta é medrar ata converternos nun referente en fabricación aditiva e enxeñería inversa.”
Ata agora temos unas boas instalacións tanto de telefonía como de internet e grazas ao persoal que está ao fronte do programa, conseguimos entrar nalgunhas empresas e traballar para mellorar noso plan de negocio.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!