Startups R é unha iniciativa de R na que buscamos impulsar o crecemento de diferentes empresas. Unha das que forman parte deste proxecto é OpositaTest, que ofrece unha solución global ás personas que están a preparar oposicións para acceder a un emprego público.

O CEO de OpositaTest, Jonathan García Quintela, foi o encargado de contarnos como está a ser a traxectoria da súa empresa.

- Onde e cando nace OpositaTest?

OpositaTest nace en 2016, cando Inés, un dos membros do equipo fundador e actual CCO da compañía (Directora de Contido), se atopaba preparando oposicións. Ese momento coincide cunha importante reforma lexislativa que lle obriga a ter que comprar un novo libro para preparar o exame tipo test. O prezo deste tipo de material adoita ser bastante elevado. Cando conseguiu o libro, comprobou que era idéntico á edición anterior. Só cambiaba unha páxina na que había 10 preguntas que se referían ao novo cambio lexislativo.

Este libro, a pesar de ser un dos máis utilizados polos opositores para preparar o exame tipo test, contiña preguntas que nada tiñan que ver coas que posteriormente se expuñan no exame oficial. E preparar a práctica de test que aparece no libro facía perder moito tempo ao opositor, xa que, había que seleccionar as preguntas do libro, corrixilas e buscar a explicación das preguntas erróneas.

Menos mal que Inés ten un bo ollo para intuír que preguntas podían ser susceptibles de caer no exame e por onde podían tirar os tribunais, e a medida que estudaba o libro, ía seleccionando preguntas para elaborar os seus propios tests.

Despois de vivir esta situación, Inés e eu mantemos unha conversación no salón da miña casa e dámoslle forma a unha primeira solución que axilice a práctica dos tests nos exames de oposicións. Os nosos obxectivos eran dous:

  • Simplificar o proceso de practicar o test evitando todas esas tarefas que ao opositor non lle achegan valor ningún e quítanlle tempo de estudo.
  • Nutrir esa solución cun contido excelente e que estivese sempre actualizado sen necesidade de ter que desembolsar cantidade algunha a maiores por parte do opositor.

Pero para trasladar as nosas ideas á realidade necesitabamos a colaboración duns perfís técnicos, xa que nós pertencemos ao mundo xurídico e das finanzas. Contactamos con dúas persoas que hoxe en día son os actuais COO e CTO de OpositaTest, que xunto con Inés e comigo formamos o equipo fundador da compañía. O equipo de traballo confórmano sete persoas máis, entre as que hai perfís técnicos, de contidos e de márketing e comunicación.

widget

- Que necesidade detectastes no mundo das oposicións para lanzar OpositaTest?

A proba tipo test é a única proba, en ocasións a primeira que decide se se continua o proceso, que teñen que superar os opositores para alcanzar a tan ansiada praza. A pesar disto, a atención que academias e formadores prestan a esta preparación é residual, escasa ou nula.

Ademais, os materiais que teñen á súa disposición os opositores para afrontar con garantías o exame da oposición non son os adecuados nin en canto ao formato nin en canto ao contido. Ao que habería que engadir o elevado custo que adoitan ter.

O formato é pouco evolucionado. O groso desta formación lévase a cabo mediante libros en formato papel, o que se traduce para o opositor nun desperdicio enorme de tempo en tarefas que non lle achegan valor. Por exemplo: escoller as preguntas para contestar (moitas veces neste proceso xa se detecta dalgunha resposta correcta), o proceso de corrixir o test, buscar as explicacións das preguntas erróneas ou en branco ou labores de análises que polo xeral non se adoitan facer.

O contido presenta varios problemas:

  1. Polo xeral as preguntas non reflicten a realidade do exame (pregúntanse outras cousas ou doutra forma).
  2. Non están actualizados.
  3. Non achegan solucións xustificadas ou a forma en que as achegan non é a idónea.

“OpositaTest ofrece unha mellor preparación. De maior calidade grazas a un contido único e propio, con solucións xustificadas e sempre actualizado.”

- Que vos fai diferentes doutras plataformas que tamén axudan a preparar oposicións?

A proposta de valor de OpositaTest consiste en evolucionar (que non revolucionar) un sector tradicional que funciona e xera recursos. Mesturamos o poder da tecnoloxía co mellor contido do mercado. Aderezámolo cunha atención ao cliente e servizo postvenda único; enfornámolo cunha ferramenta fácil de usar, intuitiva, cómoda, amena e obtemos OpositaTest.

Un produto/servizo que ofrece:

  1. Aforro de tempo en tarefas que non lle achegan valor e que o opositor pode utilizar noutras máis necesarias como estudar (exemplo testeado: nun test de 100 preguntas co sistema OpositaTest fronte ao sistema tradicional o opositor consegue un aforro de 20 minutos por test realizado).
  2. Unha mellor preparación. De maior calidade grazas a un contido único e propio, con solucións xustificadas e sempre actualizado.
  3. Experiencia personalizada

    • Unha preparación personalizada que o opositor pode adaptar ao seu ritmo e planificación de estudo. Dispoñible en todo momento e lugar grazas á nosa app dispoñible para Android e iOS e ao deseño responsive.
    • Tutorización personalizada e automática dos seus resultados. Isto permítelle ao opositor ter unha imaxe máis fiel do seu nivel grazas a que lle damos feedback dos seus puntos fortes e débiles, consellos personalizados e un ránking onde compararse co resto de usuarios rexistrados do seu mesma oposición.
  4. Atención ao cliente a través de correo electrónico e teléfono e servizo postvenda cun trato persoal e próximo.
  5. Relación calidade - prezo, a mellor do mercado.

widget

Todo isto, poñémolo ao alcance do opositor cun produto fácil de usar, intuitivo, e moi completo

“A proposta de valor de OpositaTest consiste en evolucionar (que non revolucionar) un sector tradicional. Mesturamos o poder da tecnoloxía co mellor contido.”

- As tecnoloxías da información son un dos elementos principais de OpositaTest, que vantaxes achegan aos vosos clientes opositores?

As vantaxes son moitas:

  1. Aforro de tempo. O opositor só ten que escoller o tipo de oposición e OpositaTest encárgase de todo o demais: prepáralle o exame, corríxello e achégalle solucións xustificadas a cada unha das preguntas.
  2. Contido sempre actualizado. A flexibilidade que nos proporcionan as TICS respecto da produción de contido fan que o opositor, sen custo algún a maiores para el, estea a prepararse con contido sempre actualizado xa que temos o compromiso con eles de que practicamente “ao instante” teñan o contido actualizado.
  3. Seguimento e análise de resultados. A non ser que o opositor sexa unha persoa moi minuciosa polo xeral non adoitan analizar en detalle onde fallan. OpositaTest dáo feito. A través dunha serie de datos e estatísticas o opositor pode coñecer a súa evolución, saber cales son os seus puntos fortes e débiles, etc.
  4. Preparación máis amena e motivadora. Grazas ao ránking o opositor, en base aos seus resultados, pode compararse co resto de opositores rexistrados en OpositaTest do seu mesma oposición e ter así unha imaxe máis fiel do seu nivel. Outra das últimas funcionalidades que lanzamos e que lles gustou moito é a posibilidade de retarse entre os opositores, isto permítelles crear un exame e lanzalo a toda a base de datos de OpositaTest ou a unha persoa en concreto.
  5. Recomendacións personalizadas. O uso de técnicas de machine learning permítennos ofrecer aos opositores consellos personalizados e exclusivos en base a moitas variables que temos en conta e que se modifican sempre en función de como o opositor interactúa coa plataforma e os resultados que vai obtendo.
  6. Outra das grandes vantaxes é a dispoñibilidade en todo momento e lugar. O opositor non se ten que adaptar a OpositaTest, é OpositaTest o que se adapta a el e facilítalle o seu uso cando quere, como quere e onde quere
- Teño entendido que nun primeiro momento centrabádesvos soamente en oposicións para acceder á carreira xudicial e fiscal, agora realizades preparación para outros sectores?

Así é. OpositaTest sae ao mercado con dúas oposicións Xuíces e Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza. Na actualidade:

  • Preparamos 23 oposicións de diferentes sectores: Xustiza, Administración Xeral, Interior, Forzas e Corpos de Seguridade, Facenda e Sanidade.
  • Temos produtos de lexislación solta e que adoitan entrar nun gran número de oposicións. Isto permítenos chegar a xente para a que actualmente non temos a súa oposición.
  • Preparamos o exame de acceso á profesión de avogado.
  • Preparamos o exame de acceso á profesión de xestor administrativo. Nesta preparación, tamén somos a ferramenta oficial que utiliza o Colexio de Xestores Administrativos no curso que imparte para poder exercer a profesión.

“Queremos ser líderes na preparación tipo test de oposiciones”

- Tedes pensado ampliar o voso sistema de preparación a outro tipo de probas, non soamente a oposicións?

Xa o facemos preparando capacitacións profesionais como as que che comentaba no punto anterior, avogados e xestores administrativos. De todos os xeitos, non queremos quedarnos só aí.

OpositaTest é unha solución global que con pequenos axustes pode ser utilizada en máis do 90% das formacións académicas regradas e non regradas. Aínda que nun primeiro momento enfocámolo ao sector da formación de opositores (isto débese a que analizamos e detectamos que se trataba dun sector moi tradicional, con moito potencial de mellora, moi atractivo e con moi poucos players con alto nivel de profesionalización), o obxectivo de OpositaTest é: “o mundo”

- Cal é a vosa estratexia de futuro?

O noso principal obxectivo é converternos nos líderes indiscutibles da preparación tipo test das oposicións. Queremos que para toda persoa que se estea pensando en preparar unha oposición ou xa a estea preparando, OpositaTest sexa algo imprescindible.

Para iso o noso foco está posto en seguir potenciando e evolucionando o noso produto principal tanto a nivel de desenvolvemento (por exemplo novas funcionalidades ou perfeccionamento das actuais…) como a nivel de contido (maior número de oposicións ou produtos). Unha vez teñamos todo optimizado e para 2019 – 2020 queremos seguir axudando a máis xente levando OpositaTest a outro tipo de probas e mercados.

- Cal foi o motivo para entrar no programa de StartUps R?

Aínda que OpositaTest xa estaba a funcionar cando nos presentamos ao proceso de selección do programa Startups R, o noso obxectivo era poder recibir feedback e asesoramento por parte do elenco de profesionais que conforman o grupo de traballo do programa.

Outro dos obxectivos era poder ter acceso a investidores e tamén conseguir aumentar a imaxe e visibilidade da empresa no ecosistema emprendedor.

- Que vos achegou este programa ata o momento?

Desfrutamos todo o proceso de selección e aceleración. Quedaríame cos recursos que poñen á túa disposición porque cando estás a empezar toda axuda é pouca e todo euro conta. Outra das cousas importantes foi o apoio e as facilidades que che ofrecen en canto a feedback e asesoramento en distintas áreas do negocio.

Agradecemos moito a completa información que nos facilitou Jonathan sobre OpositaTest e o mundo das oposicións. E ti xa sabes, se estás a opositar ou estás a pensar en opositar, OpositaTest .

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.