Moitas empresas estades a retomar a volta á actividade presencial tras o duro confinamento provocado pola Covid-19. Pero en só uns meses todo cambiou e o retorno toca facelo baixo rigorosos protocolos de seguridade sanitaria para empregados e clientes.
As autoridades sanitarias fálannos de distanciamento social, de máscaras obrigatorias, de límites na capacidade dos recintos e de toda unha serie de medidas complementarias coas que previsiblemente debamos convivir durante varios meses. Para a maioría é unha incógnita saber como vai ser agora o día a día na oficina, as reunións de grupo, os cursos con presenza física ou mesmo a pausa para café.
En calquera caso, a nova realidade manda e persoas e empresas aprenderemos a relacionarnos con novas normas e a convivir co coronavirus. Unha vez máis, a tecnoloxía esta aí para axudarnos, poñendo á nosa disposición diferentes aplicacións e solucións que nos axudan a controlar espazos, distancias e a saúde e o benestar dos nosos empregados.
Entre as moitas medidas que se barallan, destacan as solucións termográficas para o control da temperatura corporal, consideradas un xeito de medición e prevención moi efectivo.
Como funcionan as solucións termográficas?
A súa versatilidade e o seus sofisticados software actuais converteron as cámaras termográficas en ferramentas polivalentes para as empresas, y su demanda medrou exponencialmente por mor da crise do coronavirus. Para elixir a que máis se axusta ás necesidades da túa empresa, debes ter en conta cuestiones como cal será a súa localización, o seu volume de uso ou que datos esperas obter.
Para puntos de acceso cambiantes, a proposta ideal é o uso de cámaras termográficas portátiles.
Nos casos en que se requira o seu uso en exterior, hai que prestar especial atención a que o dispositivo non se molle e débese achegar á persoa a quen se queira facer a medición de febre.
Para os puntos nos que hai tornos, puntos de fichaxe ou zonas onde o paso da persoa está moi coutado, pódense incorporar terminais de recoñecemento facial que dispoñen de cámara termográfica integrada para a medición de febre, así como unha pantalla de 7” para a visualización da imaxe e de alarmas por temperatura alta. O equipo conéctase á rede Ethernet e envía as alarmas ao software de monitorización.
Para os puntos de medición onde o paso de persoas é máis amplo e non está acoutado, plantéxase a instalación de cámaras bullet bi-espectro con posibilidade de incorporar analítica facial. Estes sistemas permiten medir a temperatura de ata 30 persoas de forma simultánea.
Outra opción son solucións baseadas en Intelixencia Artificial, as cales, a partir de algoritmos de recoñecemento facial, estes equipos fornecen dous fluxos de imaxe sobre os cales se poden ver as medicións de temperatura, é dicir, se a cámara non detecta o rostro, o sistema non realiza a medición, evitando así a xeración de falsas alarmas por diferentes focos de calor.
Por este motivo, en R ofrecémosche agora unha solución baseada nas necesidades específicas da túa empresa que inclúe:
- Cámaras termográficas portátiles para puntos de acceso cambiantes.
- Terminais de recoñecemento facial con cámara termográfica integrada para acceso con tornos, puntos de fichaxe ou zonas de paso coutadas.
- Cámaras bullet bi-espectro para a medición de ata 30 persoas de forma simultánea.
- Solucións con mecanismos de Intelixencia Artificial que evitan a xeración de falsas alarmas por diferentes focos de calor.
En R, por enriba de todo está o noso compromiso de salvagardar a saúde dos traballadores e dos clientes, traballando para iso, máis alá das solucións termmográficas das que aquí che falamos, en diferentes solucións tecnolóxicas que se adapten ás túas necesidades específicas, especialmente nunha contorna tan complexa como o actual.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar con noso equipo da área Comercial Empresas.