Decidiches montar un negocio ou unha empresa propia? Contámosche que debes ter en conta para poñelo en marcha e como podemos axudarche dende R.
Pasos e requisitos para crear unha empresa ou negocio
1. Unha das primeiras decisións e un dos pasos máis importantes é elixir entre persoa física (autónomo) ou xurídica (empresa).
No primeiro caso, é a persoa quen responde co seu patrimonio persoal e exerce todas as obrigas e dereitos dunha empresa no seu nome. No segundo é unha empresa, inscrita como tal no Rexistro Mercantil, a que asume todos os dereitos e obrigas.
Unha persoa física non require un capital inicial mínimo, algo que si é necesario para constituír unha empresa, variando en función do tipo de sociedade: 60.000 para montar unha Sociedade Anónima e 30.000 se é unha Sociedade Limitada. Pasos seguintes:
1. Solicitar unha licenza de actividade ou apertura no concello do municipio no cal se vaia exercer a actividade.
2. Tamén necesitas un certificado que acredite que o nome da túa empresa non coincide con ningún previamente xa rexistrado.
3. Ademais, deberás solicitar o NIF e darte de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas na Axencia Tributaria). A maioría destes trámites podes realizalos de forma presencial ou telemática. Por exemplo, o programa CIRCE permite crear por vía telemática varias formas societarias: Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL), Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE) ou Empresario individual (autónomo).
4. Debes redactar uns estatutos e coñecer tamén todas as obrigas tributarias. Se o precisas, cómpre que te informes sobre os trámites de contratación de persoal e afiliación á Seguridade Social e como rexistrar patentes e marcas propias.
Para guiarte en todos estes pasos, podes consultar páxinas como a da Cámara de Comercio de España, a do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) ou o portal PYME do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.
No caso de Galicia, podes atopar tamén información na páxina do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Recomendámosche que solicites o certificado electrónico para o teu negocio, xa que a Administración está a apostar cada vez máis polos medios dixitais, así que che facilitará moitos trámites e che aforrará tempo.
Recomendacións para triunfar coa túa empresa ou negocio
- Ter unha idea clara de que vas ofrecer e a quen; é dicir, cal será o teu produto e cal o teu público obxectivo. Lembra que, nun mundo dixitalizado, non tes por que cinguirte a unha localización concreta xa que internet e o comercio electrónicopermítenche chegar a usuarios/as de múltiples localizacións.
- Elabora un plan de negocio detallado e realista. Se precisas axuda, no portal da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (DGIPYME) contas cunha ferramenta interactiva que ofrece recomendacións e un ánalisis, mediante a ferramenta DAFO, que axuda a definir a estratexia de negocio e permite examinar a viabilidade técnica, económica e financeira do teu Plan de Empresa.
- A clave está no nome. Elixir un nome adecuado e que marque a diferenza é un paso de xigante; será máis lembrado e difundido e xerará imaxe de marca máis potente.
- Establece e potencia a túa propia rede de contactos, o que se coñece como networking.
- Elixe as solucións tecnolóxicas máis axeitadas para a túa empresa. E con isto botámosche unha man en R.
Solucións tecnolóxicas de R para a túa empresa e negocio
Nun mundo dixitalizado a competencia é moita, aínda que tamén as oportunidades. Non é fácil arrincar, entre requisitos, trámites, solicitudes e lexislacións varias, pero a tecnoloxía é unha boa aliada, tanto na fase previa como cando a empresa ou negocio teña xa actividade.
Para facer realidade a túa idea, debes contar con información e tamén coas mellores ferramentas e solucións tecnolóxicas, como as que che ofrecemos en R.
Para a túa peme, a solución máis completa para estar sempre ON: peme MAX. Con internet de alta velocidade, tarifas de móbil e centraliña virtual con funcionalidades avanzadas, ademais de competitivas opcións de seguridade.
Como sabemos que a ciberseguridade é un tema fundamental a día de hoxe, contamos con Ciberseguridade Pemes, un soporte técnico experto en ciberseguridade e personalizado que está á túa disposición as 24 horas do día os 7 días da semana.
Se a túa empresa ou negocio conta con varias sedes ou o persoal teletraballa, servizos avanzados como Microsoft 365 para que o teu equipo estea conectado en todo momento e conte con acceso rápido e seguro a toda a información da empresa dende calquera dispositivo.
No caso de ter unha segunda oficina ou outro local comercial no que necesites unha conexión da internet para traballar, ofrecémosche unha conexión simétrica multisede que poderás xestionar comodamente dende a app.
Ademais, somos axentes dixitalizadores do programa Kit Dixital, unha iniciativa que impulsa a implementación de solucións dixitais en pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos. Pódese usar, por exemplo, para mellorar o sitio web e a presenza en internet, implantar servizos e ferramentas de Oficina Virtual e factura electrónica ou solucións de Marketplace, a máis recente das solucións dixitais incorporadas por R ao paquete de opcións do Kit Dixital.
En todo caso, solucións innovadoras, actualizadas e personalizadas para axudarche a poñer en marcha con éxito a túa empresa ou negocio.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.