En só unhas semanas, a nosa sociedade e as nosas empresas viron totalmente modificados os seus procesos, a súa organización e a súa actividade. A transformación dixital e o teletraballo xa estaban aí hai tempo, pero a chegada dunha pandemia situounos como eixos dunha nova realidade empresarial tan incerta como prometedora.
A clave foi saber adaptarse ao novo escenario e ás novas regras e saber aproveitar o inmenso potencial que nos ofrecen as solucións e ferramentas tecnolóxicas. Este é o punto de partida do webinar 'Teletraballo, a nova realidade empresarial' recentemente impartido polo grupo Euskaltel, do que R forma parte.
“Aliñar tecnoloxía e negocio mellora a cadea de valor da nosa organización” Alberto Diaz Freire, responsable de Alianzas, IoT e Transformación Dixital de R e do Grupo Euskaltel.
Cales son as empresas que mellor se adaptaron ás novas circunstancias?
As que vos acomodastes no novo escenario de forma máis áxil, puidestes seguir centradas no voso negocio, mantendo a relación e comunicación cos clientes, a capacidade de comercialización sen necesidade de presenza física e continuastes coa xestión, produción e operacións na nova situación de alarma sanitaria que provocou confinamento e distanciamento social.
Sen dúbida a tecnoloxía é un habilitador necesario e esencial para un traballo a distancia que se converte na mellor opción para manter a actividade das empresas, sexan cales sexan as circunstancias. Pero a clave non é só ter a tecnoloxía adecuada e os recursos necesarios, senón ser capaces de aproveitar todas as capacidades que ofrece e adaptar os procesos para poder manter a actividade de negocio e a operativa en remoto. Sen esquecer o factor humano, xa que a capacitación e a formación dos empregados sempre é fundamental para manter a actividade con garantías de éxito.
O teletraballo veu para quedar e vai ser unha das ferramentas clave para que as empresas se adapten canto antes á nova realidade. “As empresas van necesitar unha folla de ruta das tecnoloxías dispoñibles, saber cales son necesarias e poder incorporalas ás empresas de forma áxil e flexible segundo as necesidades de cada momento” destaca o responsable comercial de Captación de Grandes Clientes do Grupo Euskaltel, Igor Txertudi.
A tecnoloxía é a grande aliada das empresas, especialmente nun escenario no que se impón poder traballar dende calquera lugar e dispositivo, en calquera momento, mantendo a relación e a operativa habituais con compañeiros, con clientes e con provedores, e, por suposto, podendo acceder á información e ás aplicacións corporativas en remoto de forma segura.
Dende R, como asesor tecnolóxico, tócanos buscar solucións que faciliten o traballo colaborativo en confinamento, porque o traballo a distancia implica necesariamente reunións virtuais, videocomunicación, compartir documentos e organizar equipos e, ademais, manter as comunicacións tradicionais de voz baseadas na telefonía fixa.
Temos que axudarche a atopar as mellores ferramentas que che permitan optimizar o traballo a distancia mediante a análise do teu caso, e, por iso, deseñamos unha solución personalizada que che reporte vantaxes dende o primeiro día para que poidas adaptarte canto antes á nova realidade.
Que solucións tecnolóxicas podemos ofrecerche?
- Ferramentas de traballo colaborativo baseadas en Microsoft 365, que inclúe Teams, ofimática colaborativa e OneDrive.
- Servizo de VPN segura.
- Servizos cloud como Datacenter Virtual, almacenamento e backup e servizos expertos para facilitar a migración ao cloud.
- Solucións para manter as comunicacións de telefonía fixa, incluíndo a posibilidade de integralas en Teams.
- Escritorio virtual.
- Deseño integral personalizado e xestión da implantación como proxecto.
- Servizos de seguridade. A ciberseguridade sempre debe ser unha prioridade para as empresas. Como nos comenta o responsable de Produto e Solucións Empresa de R e do Grupo Euskatel, Javier Franco, “As tecnoloxías ben utilizadas permiten establecer escenarios de traballo seguros”.
Conscientes das dificultades na situación actual e de que cada empresa ten necesidades diferentes, analizamos cada caso, deseñamos unha solución adaptada e axudámosche a poñela en marcha. Acompañámoste para un maior aproveitamento tecnolóxico, capacitación dos teus empregados e dixitalización e adaptación dos procesos.
Queremos ofrecerche as mellores condicións, con solucións e servizos escalables, en pago por uso e en modo servizo sen investimento inicial. Ademais, apoiámonos en metodoloxías áxiles adaptadas á nova realidade e que reporten os beneficios do teletraballo dende o primeiro momento.
Chámanos e buscaremos a solución máis adecuada para a túa empresa.
Se queres recibir máis información, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor.