En R sumámonos aoPrograma Kit Dixitalcomo axente dixitalizador e co ánimo de axudar as PEMES na súa transformación dixital.
Sabemos o importante que é para ti o teu negocio, as horas que lle dedicas, o esforzo e traballo que leva sacar adiante unha empresa nos tempos que corren. Por iso, dende R axudámoste na tramitación das axudas do Kit Dixital e, como axente dixitalizador, ofrecerémosche o noso asesoramento na implantación das solucións dixitais que mellor se adecúan ás necesidades de PEMES como a túa.
Mais antes de nada, sabes exactamente cales son as solucións dixitais do Kit Dixital que podes implantar na túa empresa entre as que che ofrecemos dende R? Contámoschas a continuación.
Que solucións dixitais me ofrece o Kit Dixital?
Asaxudas do Kit Dixitalestán orientadas a cubrir as necesidades das pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio.Só tes que cumprir unsrequisitos xerais, como estar en situación de alta ou dispor de certificado electrónico válido activo, entre outros.
Este bono dixital ofrece a posibilidade de administrar a túa contía escollendo unha ou varias solucións dixitais:
Dá o salto a Internet
Con las siguientes soluciones digitales del Kit Digital tu empresa tendrá una identidad Coas seguintes solucións dixitais do Kit Dixital a túa empresa terá unha identidade online, así como visibilidade en Internet, presenza en redes sociais e ferramentas de analítica avanzada, o que á súa vez repercutirá positivamente na xeración de negocio.
- Sitio web. Axudámoste a construír unha páxina web capaz de estar á altura das grandes empresas.
- Comercio electrónico. Vende os teus produtos a través dun comercio electrónico ou das redes sociais.
- Xestión de redes sociais. Conecta co teu público e fideliza os teus clientes a través das redes sociais.
- Business Intelligence e Analítica. Toma decisións estratéxicas tras identificar, recoller, analizar, e interpretar os datos.
Xestiona e automatiza procesos e clientes
Implanta ferramentas que te axuden a xestionar clientes e automatizar procesos, así como outras ferramentas de colaboración e ofimática na empresa que faciliten o teu día a día no traballo.
- Xestión de clientes. Inviste esforzos, recursos e procesos ao servizo do cliente, co obxectivo de fidelizalo.
- Xestión de procesos. Mellora as actividades da túa organización mediante a identificación, selección, descrición, documentación e mellora continua dos procesos.
- Factura electrónica. Axiliza a facturación da túa empresa ou negocio dixitalizando o sistema de facturación.
- Servizos e ferramentas de Oficina Virtual. Realiza trámites e xestións a través da Oficina Virtual.
O teu negocio merece a maior seguridade
Garante a seguridade aos accesos a internet da túa empresa e a seguridade do posto de traballo, mediante ferramentas de antimalware, copia de seguridade na nube, navegación segura e análise de rede.
- Ciberseguridade. Protexe a túa rede informática de intrusos, xa sexan atacantes dirixidos ou malware oportunista.
- Comunicacións seguras. Dispón de seguridade nas conexións entre os dispositivos dos teus/as túas empregados/as e a empresa.
En R axudámoste durante toda a tramitación do Kit Dixital
Aínda que todo isto pode soar abafante, en R queremos pórche as cousas fáciles e acompañarte en todo o proceso, dende a solicitude da axuda ata a tramitación e a implantación das solucións que mellor se adapten ás necesidades da túa empresa.
Non nos encargaremos soamente de implantalas canto antes, senón que ademais che daremos servizo durante os 12 meses da axuda e máis aló, se ti queres.
No seguinte vídeo resolvemos algunhas dúbidas sobre o Programa Kit Dixital. Estamos para o que precises.