A demanda de solucións cloud segue á alza. Un 60% das empresas xa afirma que destina máis dun 15% do seu orzamento en tecnoloxías da información a servizos IaaS, PaaS e SaaS e case a metade delas prevé que o gasto encloud se incremente máis dun 20%. Non falamos dunha tecnoloxía recentemente chegada senón dun momento no que se consolidou como unha opción tecnolóxica madura e se converteu nunha ferramenta moi útil para as empresas.
O cloud cumpre xa 25 anos, entrando no que podería chamarse a súa terceira etapa, na que todas as miradas están postas na operación dos sistemas, eficiente e ordenada, e na xestión de sistemas híbridos con procesos operativos distintos.
Pero para poder adoptar solucións cloud as compañías enfrontádesvos a retos como a necesidade de avaliar a viabilidade para migrar á nube as vosas aplicacións, adaptar a arquitectura á nova contorna cloud e cumprir os requisitos de seguridade e compliance; sen esquecer, por suposto, o custo económico de toda a operación.
En R apostamos por servizos de computación e almacenamento na nube que vos achanden o camiño ante estas dificultades. Ofrecemos as nosas solucións cloud en modalidade de pago por uso e enriquecidas con opcións de seguridade.
As nosas solucións responden a dúas das vosas demandas principais: contar con opcións de continuidade de negocio que permiten replicar en tempo real as prestacións de servidores con aplicacións ou cargas críticas e ter a máxima autonomía posible.
Vantaxes das solucións cloud de R
En concreto, estas son as principais vantaxes dos servizos cloud de R:
• Son modulares e adaptables ás necesidades de cada cliente/a. Podedes deseñar unha solución á vosa medida que combine a vosa infraestrutura coa nova plataforma e albergar nela cargas de traballo onde despregar as aplicacións.
• Utilizan activos xa existentes do/a cliente/a. Dado que as nosas propostas non empregan tecnoloxía propietaria, o/a cliente/a pode facer uso dos seus equipos e integrar só as nosas solucións.
• Soporte extremo a extremo de cloud e comunicacións. A diferenza das cloud públicas, ofrecemos soporte especializado e directo. Dispoñer dun único interlocutor para a xestión global dos servizos simplifica a xestión do contratado nunha contorna converxente.
• Seguridade e privacidade. Dispoñemos medidas de seguridade técnicas e organizativas para velar pola seguridade dos vosos datos de acordo coa lexislación vixente. Ademais, os nosos servizos cloudestán certificados pola ISO 27001 e o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) nivel medio.
• Cloud próximo integrado coas comunicacións. Apostamos por un cloud próximo de altas prestacións no que os nosos datacenters están integrados de forma nativa na rede privada do/a cliente/a.
• Autoxestión e autonomía do/a cliente/a, que xestiona o seu servizo en modo subscrición a través dun portal de xestión cloud, con información detallada sobre as súas solucións, e lle permite activar e redimensionar os servizos.
Así, grazas a todas estas vantaxes da nosa plataforma tecnolóxica de última xeración, os/as clientes/as podedes reducir custos e mellorades a calidade, dispoñibilidade e seguridade dos vosos servizos de comunicacións.
Para R, a proximidade e o traballo man a man con/coa cliente/a son básicos dende a propia concepción do proxecto. Do que se trata é de deseñar unha solución personalizada en base ás vosas necesidades e combinando os recursos que xa tedes, de tal modo que empresas galegas de todos os tamaños poidades acceder á máis alta tecnoloxía.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.