Se tes un negocio e tes claro que dicir aos teus clientes en 140 caracteres, SMS web pode facer moito por ti. Trátase dun método moi efectivo de comunicación, porque con tanto correo e tanto whatsapp, os SMS permítennos diferenciarnos e chegar mellor aos nosos clientes.

Que é SMS web?

SMS web é o servizo de R que che permite enviar mensaxes desde o ordenador do teu negocio aos teus clientes. Así poderás enviarlles sms para lembrarlles unha cita ou avisarlles de que xa poden recoller un pedido.

Tamén poderás utilizalo para mellorar a comunicación interna do teu negocio ou avisar aos teus provedores.

Que pode facer SMS web polo teu negocio?

Accedendo á web SMSweb.mundo-r.com poderás:

  • Organizar a túa axenda e enviar unha mensaxe lembrando aos teus clientes a hora da súa cita. Non tes porque envialo nese momento. Con SMS web podes configurar o envío para a hora e día que elixas. Así, podes preparar as mensaxes a última hora e programalos para que se envíen pola mañá do día seguinte.
  • Gardar as túas mensaxes como plantillas. Se escribes un texto tipo para avisar a un cliente de que xa pode recoller un pedido, gárdao e utilízao sempre que o necesites.
  • Crear a túa propia axenda para que resulte máis fácil e cómodo enviar SMS web. Se tes os teus contactos anotados nun ficheiro .csv ou excel, poderás importalos para non ter que gravalos un a un na axenda.
  • Asegúrarte de que se enviou a mensaxe.
  • Crear usuarios delegados para que todos no teu negocio utilicedes mundo-r.com

Ademais, se contratas un bono de SMS web poderás:

  • Enviar mensaxes masivas cargando un arquivo .csv ou excel cos números de teléfono e texto que queiras enviar. Así, non terás que introducir os destinatarios manualmente.
  • Configurar un remitente alfanumérico. Desta maneira as persoas que reciban a túa mensaxe, verán o nome da túa empresa no remitente en lugar dun número de teléfono.

Canto custa utilizar SMS web no teu negocio?

Usar o servizo de envío web é gratuíto se es cliente de móbilR. Entra na web de clientes de R para empezar a utilizal.

Cada sms ten un custo de 12 cents (IVE incl.) Contrata un bono de mensaxes para abaratar o custo por sms. Consulta as tarifas dos bonos aquí.

Se aínda non  tes un móbilR desfruta das novas tarifas planas 4G con chamadas ilimitadas aos números da túa conta e conexión a internet na rúa con wificlientes R

Descobre máis sobre SMS web en respuestas.mundo-r.com ou pregúntanos o que queiras pulsando no botón “máis info” que atoparás ao final deste post.