Ao fío da transformación dixital, son moitas as tendencias tecnolóxicas emerxentes dispostas a facilitar esa dixitalización das empresas. Unha das maiores preocupacións é coidar a seguridade integral de datos e procesos, e neste contexto xorde o chamado Sistema Inmunitario Dixital (en inglés, DIS).

A que nos referimos con Sistema Inmunitario Dixital ou DIS (Digital Immune Systems)?

Sistema Inmunitario Dixital é un termo xurdido da comparación entre a computación e a bioloxía. De feito, foi acuñado por un biólogo, David Lipman, e é algo así como trasladar ao mundo da empresa a forma en que un ser humano se protexe das ameazas.

Un ser vivo está en contacto con ameazas, identifícaas e tenta neutralizalas antes de que o dano sexa maior ou irreversible. E isto faino de forma coordinada e conxunta. Pola súa banda, as empresas actuais realizan a súa actividade en contornas dixitais con riscos que se reinterpretan cada día e que lle poden afectar a calquera parte ou proceso da organización.

Así que o Sistema Inmunitario Dixital é a combinación de prácticas e tecnoloxías de análises, deseño, uso, operacións ou desenvolvemento encamiñadas a protexer as empresas dos diferentes riscos dixitais que poden atopar. É dicir, é un concepto multidisciplinar que abarca dende a formación e os hábitos, aos software antivirus, cortalumes e solucións avanzadas pensadas para manter a salvo datos e sistemas. Todo un conxunto de políticas, estratexias, traballo diario e tecnoloxía que achegan seguridade e fiabilidade, protexendo a dispoñibilidade e confidencialidade de datos, transaccións e procesos.

Factores esenciais para contar cun sistema inmunitario dixital solvente

En primeiro lugar debedes ser conscientes dos riscos existentes e da necesidade de protexer datos e sistemas. Aquí xoga un papel importante a concienciación, o coñecemento e a formación de todo o persoal, independentemente da súa área de actividade.

Tamén é importante a claridade e transparencia das aplicacións e sistemas cos que contedes, algo prioritario para detectar problemas con maior rapidez.

Na actualidade podedes aproveitar as solucións baseadas en tecnoloxías emerxentes, como a Intelixencia Artificial, que resultan moi útiles para, por exemplo, medir a predición de riscos e analizar vulnerabilidades. Tamén vos permiten automatizar procesos, o cal implica un mellor control do risco.

E, para gardar os datos, cada vez son máis utilizadas as solucións e operacións na nube, pola súa versatilidade e seguridade.

Resumindo, as claves son detección, protección e resposta, redundando nunha serie de beneficios derivados dun Sistema Inmunitario Dixital eficaz.

• Capacidade de reacción máis rápida antes fallos ou alertas

Detección temperá e redución da gravidade dos problemas

Recuperación máis rápida da actividade habitual

• Potenciar a resiliencia operativa

Mellor experiencia de usuario, o cal se traduce en imaxe de marca máis positiva

Privacidade garantida e maior seguridade para os datos

Ciberseguridade

Nos nosos días, os riscos son cada vez máis complexos e para dispoñer dun Sistema Inmunitario Dixital eficiente hai que ir máis aló de antivirus, cortalumes, sistemas de detección de intrusos e copias de seguridade.

No contexto actual, a prevención, a monitorización e a resposta a incidentes cibernéticos vólvense claves para garantir a supervivencia das empresas e faise necesaria unha política de ciberseguridade completa e contar coas solucións máis avanzadas do mercado.

En R contamos con opcións para pemes e para grandes empresas.

Co noso servizo Ciberseguridade para pemes, realizamos un diagnóstico previo do nivel de ciberseguridade da vosa empresa, analizamos a rede e a web e protexemos a vosa información e dispositivos fronte ás ameazas das contornas dixitais. Ademais, contades cun soporte técnico experto e garantimos que a información do voso negocio estea sempre segura na nosa nube grazas ao servizo de backup.

Para as grandes empresas, dispoñemos de solucións avanzadas multidispositivo deseñadas para manter todos os dispositivos libres de virus, correo lixo e de todo tipo de ameazas, con Firewall virtual, AntiDDos, MDM e copia de seguridade remota.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.