Ola. En R sabemos que internet é unha ferramenta fundamental para o teu negocio. Non só porque che permite traballar, facer pedidos, enviar correos e recibir documentación, senón porque tes acceso a información e incluso che permite vender.

O que pasa é que moitas veces a conexión wifi que usamos non dá para todo. Como somos varios traballando e non só nos conectamos para temas profesionais, botamos de menos ter unha conexión de internet independente. Por iso sacamos a segunda rede wifi.

200 megas

Por teres xa o servizo de internet contratado con R cun combo oficina, centraliña ou paquete superior, podes contratar unha segunda rede wifi. Ofrecémosche unha conexión de 200 megas independente por só 9,90€+IVE máis cada mes.

Dese xeito, terías:

  • Un router coa túa rede de sempre.
  • Outro router independente cunha conexión de 200 megas para o uso que lle queiras dar.

Vantaxes

As vantaxes son máis que evidentes. Tes unha conexión para uso exclusivamente profesional, para que a velocidade estea garantida en todo momento para o fundamental. Mentres que podes deixar a outra rede para un uso máis relacionado co ocio (acceso ás redes sociais, ver vídeos ou comunicarse). Así gañas en seguridade.

Tamén gañas en eficiencia, xa que tes unha conexión só para o teu uso profesional, deixando para outros temas a segunda rede wifi.

Sen permanencia

Ademais, o mellor de todo é que podes contratar esta segunda rede wifi sen permanencia e sen ningún tipo de compromiso.

Ti chámasnos e nós imos instalarche o router no punto do teu negocio que nos indiques, tamén de forma gratuíta. Máis fácil, imposible.

Se che interesa unha segunda rede wifi, só nos tes que chamar ao 1446 ou ben deixar os teus datos no formulario de contacto.

Un saúdo!

Imaxe de Bernard Hermant