Vivimos na era da dixitalización; e as empresas sodes conscientes de que as solucións tecnolóxicas vinculadas ao Big Data e á Intelixencia Artificial son un instrumento necesario para a transformación dixital, sexa cal sexa o voso sector.
En R, que forma parte do Grupo Euskaltel, queremos seguir ofrecéndovos proxectos innovadores, buscando sempre a proximidade co cliente, coñecendo o voso negocio para entender as vosas necesidades.
Con este afán nace SegData, un proxecto pioneiro froito da colaboración entre ebroker e o Grupo Euskaltel. O servizo baséase na creación dunha contorna Big Data para os corredores de seguros da plataforma tecnolóxica ebroker e está dirixido á análise de información e á obtención de coñecemento exhaustivo sobre o mercado asegurador español no contexto da distribución profesional.
Que vantaxes ofrece SegData?
egData facilitará a análise de tendencias no comportamento de prezos de mercado; posicionamento competitivo entre aseguradoras; visión preditiva en operacións de multitarificación e un amplo conxunto de análise de información en termos descritivos, preditivos e prescritivos.
Ao mesmo tempo, proverá o corredor de seguros de coñecemento e de maior capacidade executiva para a toma de decisións e achegaralle visión sectorial respecto a múltiples indicadores de negocio que sempre poderán ser postos en relación comparada cos do propio corredor.
O Grupo Euskaltel, tecnoloxía ao servizo da innovación
O Grupo Euskaltel, como socio tecnolóxico principal de infraestrutura cloud de ebroker, achégalle ao proxecto SegData o seu coñecemento, experiencia e recursos a través de Mileva, que é a plataforma BDaaS (Big Data as a Service) dispoñible no seu datacenter situado en Asturias.
O modelo de servizo de Mileva permítelle a ebroker dispoñer dunha plataforma Big Data para a xestión de información a grande escala e en tempo real, baixo demanda, sen grandes investimentos en equipamento e reducindo ademais o tempo de comercialización.
Mileva proporciónalle a ebroker a integración, almacenamento, capacidade de procesamento e a Intelixencia Artificial encargada de analizar, interpretar e transformar eses datos en información necesaria para os novos servizos dixitais ofrecidos por SegData.
A xestión e a análise da información son a mellor defensa fronte ás dificultades derivadas da situación actual e tamén o recurso máis valioso para abrirse camiño cara a un futuro que hai que mirar con optimismo. SegData apunta nesta dirección.
Se queres saber máis sobre o novo SegData ou sobre os nosos produtos e servizos para a empresa, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co noso equipo da área Comercial Empresas.