En R preguntámonos como lles levar ás pemes e empresas de menor tamaño capacidades e solucións en materia de ciberseguridade que ata o de agora só estaban ao alcance de grandes empresas e administracións públicas. A resposta é Scudo, o noso novo servizo de ciberseguridade integral.
Scudo inclúe as mellores ferramentas de protección nos elementos críticos avaladas por CCN (Centro Criptolóxico Nacional) e o seu centro de operación (SOC) está certificado polo Esquema Nacional de Seguridade (ENS) Nivel Alto e forma parte da rede nacional de SOCs.
Scudo permite "levar a ciberseguridade da túa empresa ao nivel adecuado". E cal é ese nivel? Aquel que busca un equilibrio entre as ameazas das contornas dixitais e as medidas de ciberseguridade, e onde os riscos minimízanse. E todo iso cun custo alcanzable para calquera empresa, incluídas as pemes. É dicir, suma coñecemento experto, ferramentas tecnolóxicas, boas prácticas e servizos de xestión e control remoto.
Con Scudo, a túa peme contará cunha solución de seguridade dixital integral moi completa que conta con prestacións avanzadas e co respaldo continuo dun equipo de expertos.
Os nosos especialistas en ciberseguridade dedicaranse 24/7 a rastrexar posibles ameazas dentro da contorna da túa empresa para detectar calquera tipo de comportamento malicioso ou anómalo que ameace as operacións do teu negocio.
A comunicación rápida e fluída é determinante ante calquera ataque, así que Scudo inclúe interlocución directa co equipo experto en ciberseguridade na operativa diaria TIC.
Que inclúe Scudo
- Scudo é un servizo proactivo que conta cun Centro de Operación de Ciberseguridade 24x7.
Pensado e orientado especialmente para pemes e negocios, as claves da nosa solución de ciberseguridade están na prevención, a recuperación e a resposta tras un incidente da seguridade.
O noso traballo céntrase no control remoto e vixilancia, reportando ao interlocutor TIC da empresa calquera vulnerabilidade, clasificándoas por severidade e indicando as accións correctivas necesarias; a resposta e contención, para conter o ataque e minimizar o seu impacto no voso negocio; e a recuperación, supervisando, limpando o malware daniño e recuperando os datos de backup.
- Protección ampliada dos elementos críticos: perímetro da sede, posto de traballo, correo electrónico, empregados en mobilidade (teletraballo), comunicacións entre sedes e realizando copias de seguridade cifradas e na nube.
- Prevención e auditoría. Ademais dunha auditoría de seguridade semestral que informe sobre as vulnerabilidades existentes, o seu nivel de gravidade e os puntos de acción recomendados para a súa resolución, escaneamos os elementos da rede interna e comprobamos o nivel de parcheado.
- Formación e concienciación ao usuario final. Porque cremos que unha das medidas máis necesarias e efectivas é a formación de todos os usuarios.
As principais vantaxes de Scudo
Scudo é un servizo de ciberseguridade integral que inclúe as mellores ferramentas de protección nos elementos críticos avaladas por CCN (Centro Criptolóxico Nacional).
Outra das súas grandes vantaxes é que se pode adaptar a calquera empresa entre 10 e 100 empregados.
Ademais, os custos que implica son moi competitivos, xa que se basean en parámetros específicos de cada negocio, como o seu número de sedes ou empregados.
Como complemento, ofrece o acceso sen requisitos adicionais a ciberseguros completos con condicións vantaxosas para cubrir riscos remanentes.
A personalización e a proximidade, marca da casa en R
Scudo é un servizo personalizado. Atendemos todas as consultas en materia de seguridade que vos xurdan, incluíndo os cambios ou ampliacións que debades facer para manter protexida a vosa peme.
Tamén vos mantemos sempre informados do que ocorre na vosa peme mediante informes periódicos nos que se recompilan tanto as tarefas executadas como as ameazas detectadas.
Como resultado de todo iso, Scudo é a solución de ciberseguridade integral máis competitiva do mercado, capaz de lles levar ás pemes a tecnoloxía máis completa e avanzada e, ademais, facéndoo mediante prezos axustados ás vosas posibilidades.