A robótica é a disciplina que se ocupa do deseño, a programación, a produción, a análise e a aplicación de robots (ou autómatas). Nela combínanse a enxeñería, a mecánica, a electrónica ou a informática. Estreitamente relacionada coa Intelixencia Artificial, é unha das tecnoloxías con maior proxección e o seu uso é xa habitual nun bo número de empresas.

A robótica nace para desenvolver tarefas habitualmente desempeñadas polo ser humano, pero de forma moito máis rápida e en condicións en que este non podería, polo seu difícil acceso, polas altas temperaturas, pola falta de espazo... É dicir, os robots créanse para reducir traballos mecánicos(repetidos, automáticos) ou perigosos porque son capaces de chegar alí onde o ser humano o ten moi difícil e, ademais, fano con garantías de éxito e seguridade.

Pero, para entender a robótica, temos que falar do "robot". É unha palabra que provén do idioma checo e significa, literalmente, "escravo". Usada inicialmente en obras de ficción, os robots saltaron á fama da man do escritor Karel Capek, que os converteu en protagonistas da súa novela R.U.R. (Robots Universais Rossum).Pero foi o profesor e escritor ruso Isaac Asimov quen revolucionou o mundo dos robots coas súas Tres Leis da Robótica. De maneira resumida, din que ningún robot infrinxirá ou deixará facer dano a un ser humano; todo robot obedecerá as ordes dos humanos; e os robots velarán pola preservación da súa existencia.Os primeiros robots industriais foron desenvolvidos polo inventor estadounidense George Devol, fundador de Unimation, a primeira empresa especializada en robótica da historia.

Dende eses primeiros anos, a robótica foi avanzado gradualmente.

Na primeira xeración, os robots eran sistemas mecánicos sinxelos bastante manuais e multifuncionais. Na segunda xeración, chegou a aprendizaxe. Os robots xa eran capaces de memorizar e repetir movementos previamente definidos. Na terceira xeración os robots contan con control sensorizado e executan as ordes indicadas por un software. A cuarta xeración tráenos robots intelixentes, que contan con redes neuronais artificiais e son capaces de entender inxentes cantidades de datos para actuar en tempo real.Unha quinta xeración de robots está xa en marcha. Coa decisiva incorporación da Intelixencia Artificial, as súas actividades e ámbitos de uso amplíanse e diversifícanse.

Robótica e Intelixencia Artificial

A robótica e a Intelixencia Artificial están estreitamente relacionadas. Para entendernos, a robótica é un compoñente da IA, unha parte física e tanxible, a que se ocupa de pensar, deseñar o hardware e crear os robots que logo, grazas á Intelixencia Artificial, son capaces de moverse, actuar, relacionarse coa contorna e automatizar tarefas. É dicir, que a IA é a que busca a maneira, o software necesario para que estes autómatas desenvolvan actividades e comportamentos similares aos dos/as humanos/as.

A robótica usa a IA para ir máis aló de tarefas únicas, repetitivas e individuais, mellorando a mobilidade e a interacción, analizando os datos e conseguindo que os robots aprendan deles. Grazas a todos eses datos avaliados pola IA, os robots poden entender mellor a contorna, actuar en tempo real e traballar de forma colaborativa, non só de maneira individual.

robotica

Robots nas empresas

Mentres se segue investigando e innovando, a sociedade e as empresas xa están a utilizar a robótica para desenvolver tarefas habituais nun bo número de áreas:

• Tarefas de embalaxe ou montaxe

• Loxística

• Inventario

• Atención ao cliente

• Recoñecemento e identificación (facial, dactilar...)

• Aplicacións con control remoto

• Vehículos autónomos

Por sectores de actividade, actualmente os robots utilízanse con éxito, por exemplo, en empresas de transporte, en exploracións xeolóxicas, misións espaciais ou na medicina. Tamén resultan moi útiles para limpar residuos (especialmente se son tóxicos), prospeccións mineiras ou rescates de animais e persoas.

Vantaxes da robótica

Independentemente da vosa área de actividade, algunhas das principais vantaxes do uso da robótica son:

Automatización de tarefas rutineiras ou repetitivas

Acceso a espazos de moi reducido tamaño ou condicións moi difíciles

Maior produtividade, derivada da capacidade do robot para realizar máis tarefas en menos tempo

Controis de calidade máis completos, habituais e eficientes

Redución de accidentes e erros

Capacidade de rastrexo e seguimento de actuacións internas e externas

Algúns robots necesitan un ser humano apoiándoos e guiándoos, aínda que a tendencia actual diríxese cara a robots cada vez máis autónomos que sexan capaces de desenvolverse por si mesmos en función da súa configuración e da aprendizaxe derivada dos datos.

En todo caso, hai robots de múltiples tamaños e formas, en función das necesidades específicas.

A clasificación tradicional adoita diferenciar entre androides, os que teñen forma humana; móbiles, que se desprazan sobre rodas; zoomórficos, similares a animais; poliarticulados, con varias extremidades pensadas para realizar traballos delicados; e híbridos, que combinan características de varios tipos.

A robótica supón, pois, unha aposta pola innovación que trae consigo vantaxes operativas para as empresas, novas liñas de negocio e mesmo oportunidades laborais. Un potencial incrementado pola Intelixencia Artificial, unha tecnoloxía pola que apostamos con decisión en R e que vos podemos axudar a levar á vosa empresa da man do noso equipo especializado BAI Analytics.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.