As plataformas M2M baséanse nas comunicacións 'Máquina a Máquina'; é dicir, no intercambio de datos entre dúas máquinas remotas. A día de hoxe son unha alternativa perfecta para todas aquelas empresas que demandedes ou ofrezades servizos de sensorización móbil ou xestión remota das máquinas baseada en conectividade móbil.
En R dispoñemos dunha solución M2M que vos permite axilizar as comunicacións entre as vosas máquinas de forma telemática e autónoma, aforrando tempo e esforzo, e que acabamos de reforzar con novos servizos e funcionalidades:
- Liñas M2M de voz, que nos permiten a xestión de servizos M2M baseados no establecemento de canles de voz ou no envío e recepción de SMS.
- Xestión ciclo de vida, que permite a suspensión e reactivación dunha liña M2M de datos dende a plataforma web, tendo total control do servizo e da súa facturación.
- Presentación gráfica do consumo de datos, que permite ademais visualizar gráficas cos consumos de SMS e minutos de voz, tanto a nivel de liña como consolidado por un grupo de liñas.
- Exportación da información das liñas a un ficheiro .csv
- Ordenación da listaxe de liñas por MSISDN, ICCid ou data de activación.
- Mellora de información de detalle da liña, con datos sobre a sesión activa, información do APN e da IP que se estea usando.
Son as últimas novidades que incorporamos a unha plataforma M2M que xa dispoñía dun bo número de opcións pensadas para unha empresa dixitalizada e, como sempre, adaptables ás vosas necesidades.
- É unha plataforma de xestión de liñas e dispositivos á que se pode acceder a través da web de clientes de R ou directamente na url: https://m2m.mundo-r.com.
- Xestión e inventario de dispositivos e liñas M2M.
- Información detallada de cada liña: número MSISDN, ICCid, IP, APN, usuario, clave e bono de datos asociado.
- Xestión de grupos.
- Flexibilidade no modelo de servizo; é dicir, pódese optar por unha liña M2M de datos individual con distintos volumes de datos asociados a cada liña ou por unha liña M2M de datos consolidados na que o volume de datos se comparte entre todas as liñas que se asocien ao bono. Ademais, as cotas das liñas redúcense a medida que aumenta o número de liñas contratadas.
- Cada liña inclúe 50 SMS ao mes e pódense asignar bonos individuais ou consolidalos en grupos de tarxetas.
- Solución con APN xenérico.
- Asignación de direccionamiento IP privado e asignación de IP pública fixa ou dinámica.
- Compatible con roaming internacional no Espazo Económico Europeo (UE, Noruega, Islandia e Liechtenstein).
A nosa solución M2M permite que os/as clientes/as usedes tarxetas SIM M2M específicas, tantas como queirades nesa contorna, cumprindo sempre a normativa vixente en canto ao uso do rango de numeración de 13 díxitos establecido. Tamén podedes elixir entre diversas configuracións de direccionamiento público e privado a que mellor se adapte á vosa necesidade, e dispoñedes sempre dunha consola web que permite visualizar e xestionar o servizo dunha maneira sinxela, cómoda e funcional.
O futuro pasa pola dixitalización e a interconexión de datos e información, así que as contornas M2M poden converterse nos nosos mellores aliados para un exitoso proceso de dixitalización centrado no intercambio de datos e información.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións M2M, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial Empresas.