As emerxencias poñen a proba as capacidades de redes e comunicacións. É en situacións críticas cando tecnoloxías como o 5G resultan especialmente eficaces e necesarias. As redes privadas 5G para emerxencias son boa mostra diso e xa estamos a traballar en proxectos pioneiros.

MasOrange, grupo ao que R pertence, vén de lanzar un proxecto innovador para implementar a primeira rede privada 5G dedicada aos servizos públicos de emerxencia, e tamén una das primeiras en Europa.

Esta iniciativa representa un paso decisivo na dixitalización das comunicacións críticas en servizos esenciais. Con ela, próbase e valídase a posta en funcionamento dunha rede baseada na infraestrutura 5G optimizada para garantir as comunicacións e as capacidades necesarias en situacións extremas. Desta maneira, aprovéitanse as vantaxes da tecnoloxía 5G, como a súa alta velocidade, ultrabaixa latencia e gran capacidade de conexión de dispositivos e, ademais, intégranse cos sistemas actuais de emerxencia municipais.

Con esa integración, conséguense funcionalidades e modalidades de comunicación que van máis aló do intercambio de voz e mensaxes curtos, como a transmisión de contido multimedia e datos co nivel de calidade de servizo, priorización dos servizos de emerxencia e explotación das capacidades dos novos estándares de comunicacións de misión crítica en 5G (do 3GPP e ETSI).

Esta rede privada 5G baséase no desenvolvemento dun "Network Slice" / "Slicing", consistente nunha rede móbil dedicada en exclusiva a este servizos e que proporciona características e capacidades de rede específicas destinadas a ofrecer os parámetros de mellor calidade de servizo na rede.

Ademais, representa tamén un importante paso adiante na modernización dos sistemas de comunicación de emerxencias baseada en 5G para complementar -e nun futuro substituír- os sistemas actuais de DMR/TETRA.

Que é TETRA

TETRA vén da siglas en inglés Trans European Trunked Radio e trátase dun estándar definido polo Instituto Europeo de Normas de Telecomunicacións para unificar diferentes alternativas de interfaces de radio dixitais e permitir a comunicación entre os/as profesionais dos servizos de emerxencias e servizos públicos.

É unha das redes máis utilizadas en todo o mundo polos equipos de comunicación críticos dadas as súas vantaxes:

• Posúe infraestrutura de rede propia e independente das outras redes móbiles.

• Utiliza sistemas avanzados de compresión de datos que proporcionan unha excepcional calidade de audio.

• Está menos saturada que outras redes e pode comunicar terminais entre si de maneira directa.

• Dispón de seguridade avanzada, incorporando sistemas de cifrado e encriptación nas comunicacións.

• Pode ter alcance local, rexional ou nacional.

• Non implica grandes custos.

• Ofrece capacidade de personalización.

Pero a dixitalización avanza imparable e organizacións, entidades e individuos demandan sistemas e solucións cada vez máis potentes e seguros de acceso de banda ancha que sexan capaces de satisfacer as súas necesidades. A tecnoloxía 5G e, en particular, as redes privadas 5G posiciónanse como amplas, capaces, fiables e integradas con igual ou maior nivel de seguridade, flexibilidade e capacidade de autoxestión.

Representan unha boa maneira de aproveitar o potencial do 5G levándoo a un determinado sector ou espazo e un bo exemplo práctico de uso son os servizos de emerxencia.

Con este proxecto facemos posible a posta en marcha dunha das máis modernas redes de misión crítica para os equipos de emerxencias, cunha solución avanzada, robusta e totalmente fiable. Un servizo que garantirá unha conectividade ininterrompida e segura, mesmo nos escenarios máis desafiantes, reforzando así a nosa aposta pola innovación e o desenvolvemento de novos servizos para entidades públicas e privadas.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.