A comunicación pública e o bo uso dos medios técnicos, económicos e humanos dispoñibles son obxectivos prioritarios en toda administración local; obxectivos máis que compatibles coa aposta polas solucións máis novas do mercado. Como asesor tecnolóxico integral, demandádeslle a R respostas innovadoras; e nesa liña encaixa á perfección tiivii, unha solución do noso socio tecnolóxico CINFO para a emisión e gravación de plenos ou eventos municipais de maneira automática.
tiivii é un novo sistema de vídeo na nube, moi sinxelo e automático, que lles permite aos cidadáns seguir en vivo as sesións plenarias á vez que simplifica a xestión porque, unha vez instalado, xa está dispoñible 24 horas 365 días ao ano para emitir de forma simultánea a través de diferentes canles, como Youtube, a propia páxina web do Concello ou unha canle de TV municipal pensada para informar en directo das actividades impulsadas polo goberno local.
E non só para emitir plenos. Calquera rolda de prensa ou acontecemento que se produza no salón de plenos pódese emitir sen necesidade de complicadas planificacións.
Por que lles interesa ás entidades locais o vídeo intelixente?
De entrada, dota ás administracións de maior difusión e transparencia das súas actuacións de cara aos cidadáns e, ademais, simplifica o traballo do departamento de prensa e secretaría, onde dispoñen de forma automática de imaxes do pleno para compartir con medios de comunicación ou simplificar as redaccións das actas.
Doutra banda, achega unha interfaz que permite crear unha canle de televisión en internet automática, sen ter que investir en medios técnicos ou desprazar cada vez un equipo ao lugar de gravación, xa que funciona sen operadores de cámara nin realizadores. En suma, trátase dun servizo que aforra tempo e esforzo e leva ao concello a un novo nivel dixital.
Tecnoloxía para automatizar a produción audiovisual de plenos
O servizo de emisión e gravación de plenos utiliza a tecnoloxía tiivii, un sistema de produción audiovisual automatizado do noso socio tecnolóxico CINFO, deseñado para simplificar a xeración de contidos e a produción audiovisual de eventos. Conta cun sistema de procesamento de vídeo e mesa de produción na nube que usa como tecnoloxía de base a Intelixencia Artificial e o streaming, e que se adapta e personaliza con servizos específicos en función das necesidades concretas de cada concello. De feito, o evento pódese emitir en directo ou baixo demanda e o servizo de emisión pódese completar con varias funcionalidades:
- Integración de membros da corporación que interveñan de forma remota se non poden estar presencialmente no pleno
- unha web onde o evento queda a disposición dos usuarios ou da prensa, cun indexado que marca as intervencións de cada concelleiro ou da oposición
- puntos da orde do día
- creación de clips para medios de comunicación con certos momentos que se queiran distribuír
- firma dixital
- videoteca con todos os plenos e actos do concello
- funcionalidades avanzadas como a realización multicámara ou a inserción de grafismos, publicidade e locucións
Ademais, este servizo permite adaptarse ao requirimento legal de videoacta dixital.
Aplicacións prácticas
A emisión de plenos municipais non é a única aplicación práctica de tiivii, xa que os concellos poden usar esta mesma tecnoloxía noutros recintos e actividades municipais, como eventos culturais e competicións deportivas ou ben instalar este sistema en colexios ou institutos para a emisión de clases a alumnos que non poidan asistir presencialmente. Falamos dun servizo pioneiro en canto á modalidade automatizada e remota de emisión e gravación dos plenos, que xa foi levado á práctica nos concellos de Cambados e Zaldíbar.
R, como socio tecnolóxico de confianza, ofrece alternativas e modelos de negocio personalizados para cada concello. Se queres saber máis sobre as nosas solucións de produción automática e remota de eventos baseadas en Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.