A ciberseguridade é unha prioridade na contorna actual. Por iso, en R decidimos xuntar esforzos coa compañía especializada S2 Grupo mediante unha alianza estratéxica que nos permite ampliar os servizos de ciberseguridade que vos ofrecemos.
S2 Grupo é un referente no seu sector a nivel europeo e conta cunha dilatada traxectoria centrada en tres grandes liñas:
- proxectos de auditoría e consultoría para avaliar a ciberseguridade dos clientes e deseñar sistemas de protección específicos para os seus negocios
- desenvolvemento de produtos propios destinados a incrementar as capacidades de protección, detección e resposta en materia de ciberseguridade
- prestación de servizos de xestión continuada da ciberseguridade e explotación de sistemas de misión crítica dende centros específicos 24x7 deseñados especificamente para tal fin
S2 Grupo convértese agora no noso provedor principal para os proxectos e servizos de ciberseguridade de R e do Grupo MÁSMÓVIL.
Un acordo que nos reforza a ambas as dúas empresas sumando a experiencia e habilidades de cada unha nos seus sectores.
Porque, dun lado, en R nos permite incrementar o noso catálogo de produtos e servizos e, por outro, a S2 Grupo reforzar e apostar pola súa presenza na Zona Norte.
Así o entende Íñigo Bueno, Director Territorial de Zona Norte, quen destaca a importancia de sumar aos nosos servizos de internet e telefonía as súas solucións pioneiras de ciberseguridade. 'Vivimos nun contexto no que non poden concibirse as telecomunicacións separadas da ciberseguridade e este é un gran paso nese ámbito. Desta forma, os futuros clientes experimentarán un salto cualitativo na ciberprotección das súas organizacións ou dos seus fogares'.
Porque este panorama tan incerto e de acelerada transformación dixital no que nos atopamos colócanos ante un novo escenario onde a ciberseguridade se fai máis relevante que nunca e as empresas debedes ir un paso por diante.
'O propósito de S2 Grupo é a anticipación dun mundo ciberseguro a través dos nosos servizos de protección, detección e resposta ante ciberamenazas e ciberincidentes. Necesitamos adiantarnos á acción da ciberdelincuencia', indica Rafael Rosell, director Comercial Global da compañía.
'Necesitamos adiantarnos á acción da ciberdelincuencia, e esta unión é un gran paso neste camiño' Rafael Rosell, director Comercial Global de S2 Grupo
Pola nosa banda, en R somos conscientes das moitas ameazas que axexan nas novas contornas dixitais nas que vos estades mergullando e nas que vos estades tentando consolidar cunha posición relevante de mercado.
José Manuel García, Responsable de Produto Cloud e Ciberseguridade de R e do Grupo MASMOVIL, destaca que 'aínda que a nosa oferta actual de servizos facilita moito os proxectos de dixitalización das empresas, somos conscientes de que este camiño implica un incremento das potenciais ameazas. Os ciberataques afectan tanto a todo tipo de empresas, aínda que as pemes son as máis vulnerables porque adoitan estar máis desprotexidas e por tanto os seus datos e aplicativos máis expostos ás ameazas e roubos'.
Un problema ao que debemos sumar os custos de investir en solucións e políticas de ciberseguridade eficientes. 'A maioría non poden permitirse grandes investimentos, pero é fundamental contar cunha estratexia en ciberseguridade que atenda á totalidade dos procesos da organización'.
De aí a importancia de contar con socios tecnolóxicos especializados que nos axuden a ofrecervos as mellores solucións tecnolóxicas personalizadas e adaptadas ás vosas necesidades específicas. Neste sentido, 'a grande experiencia de S2 Grupo permitiranos analizar cada caso e deseñar e ofrecer plans a medida que cubran esas necesidades. Podemos dicir abertamente que a ciberseguridade non é un luxo, é unha necesidade que evitará males maiores', tamén en palabras de José Manuel García.
Ciberseguridade e transformación dixital son pezas inseparables para ter éxito, e tranquilidade, nunha sociedade dixital.
E en R somos conscientes de que non podemos facelo sós. Son indispensables a colaboración e os acordos con expertos que acheguen a súa experiencia e coñecemento, como S2 Grupo. Grazas á nosa alianza podemos ofrecervos máis e mellores solucións en materia de ciberseguridade para a vosa empresa.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.