Ola. Como sabes, sempre intentamos traballar para dar un bo servizo. Pero ninguén mellor ca ti, como cliente, para dicirnos se o facemos ben ou mal. Sabemos que aínda temos moito camiño por diante, pero vemos que imos na boa dirección segundo o estudo elaborado por GFK no 2017 sobre o mercado das telecomunicacións no sector empresarial en Galicia. No informe establécese que R foi o operador mellor valorado entre as empresas e negocios da nosa comunidade.

A mostra deste estudo inclúe a empresas das catro provincias galegas, en lugares onde temos rede propia de fibra. A idea era que se valorasen os servizos dos distintos provedores do mercado, a súa relación con eles e a recomendación ou non.

widget

As empresas galegas apostan pola calidade

Unha das conclusións principais deste estudo é que máis da metade desta mostra contrata os seus servizos de xeito converxente. É dicir, inclúe no mesmo paquete a contratación de telefonía fixa, móbil e internet co mesmo operador.

No caso concreto de R, así é tamén. Deste xeito, alí onde temos rede propia de fibra óptica, somos o operador principal de telefonía fixa, internet e móbil. Algo que dende logo tomamos con orgullo e con responsabilidade para ofrecer o mellor servizo aos miles de negocios galegos que confían en nós no seu día a día.

Atención e servizo técnico

As empresas galegas cada vez son máis esixentes, algo obvio nos tempos de avance tecnolóxico que estamos a vivir. O noso obxectivo vai máis alá de ofrecer simplemente un servizo, porque os clientes buscan sempre que o seu operador responda cando o necesitan.

Así o demostran tamén os resultados deste estudo no que calidade do servizo de atención ao cliente, o servizo técnico e as tarifas telefónicas son os nosos aspectos mellor valorados por todas as empresas R.

Sabemos que é fundamental dar unha boa atención e soporte técnico. Por iso contamos con centos de técnicos en Galicia, preocupados por darche unha solución canto antes e atenderte como se estivéramos a falar cun amigo ou familiar.

widget

Proximidade e claridade

Os nosos clientes valoran ademais a proximidade que ofrecemos. Cando alguén nos chama sabe que vai falar con alguén que está preto del, que coñece perfectamente os produtos e servizos que ten o cliente e que se vai esforzar en atender o mellor posible o seu caso.

No informe establécese que moitos clientes se identifican con R moito máis que con outros operadores, o que sen dúbida fará que continuemos traballando para que dende Galicia che deamos o mellor servizo. Ademais, dun xeito claro e cumprindo sempre o acordado.

Non somos unha multinacional presente en ducias de países. O noso mercado está aquí, en Galicia. E o noso cliente es ti. Polo que trataremos de ser ese operador que ti buscas: próximo, resolutivo, de calidade, comprometido e que fala o teu mesmo idioma.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de unsplash.com/@charissek