Sabías que hai axudas que poden cubrir o investimento das túas necesidades tecnolóxicas? En R queremos axudarche a identificar as túas necesidades e a procurar a subvención que mellor se adapta á túa empresa. E todo iso, co noso novo Programa de Aproveitamento de Axudas Tecnolóxicas.

A Unión Europea considera obxectivo prioritario a dixitalización das empresas para poder competir a medio prazo, e para iso creáronse numerosas liñas de axudas para facer que a dixitalización avance nas empresas que o necesiten. Conscientes do tempo que esixe identificalas e xestionalas, dende R creamos un servizo gratuíto para que os nosos clientes poidan avanzar nos proxectos de innovación e dixitalización, que os proxecten a esta nova era dixital que se está producindo.

Presentámosche un servizo de procura, xestión e acompañamento na tramitación de subvencións e axudas. Con el queremos escoitar as túas demandas, analizar o teu proxecto e axudarche a tirar partido das axudas e incentivos económicos dos que pode beneficiarse a túa empresa a nivel provincial, autonómico e estatal.

Son moitas as opcións de financiamento xa dispoñibles e tamén en fase de lanzamento pero sempre se fai necesario pararse a analizalas para ver o seu encaixe en cada organización e propoñerse un plan de traballo específico. En R, sempre en colaboración coa túa empresa, programamos o traballo en cinco fases clave:

- Análise e procura de subvencións. O primeiro é estudar o teu caso e seleccionar as subvencións que mellor se adecúen á natureza do proxecto e ás necesidades da túa empresa.

- Definición de estratexia cun obxectivo claro: maximizar o aproveitamento das axudas dispoñibles.

- Elaboración de documentación, redactando todos os documentos necesarios para presentar a solicitude, incluíndo a memoria técnica e a memoria económica do proxecto.

- Tramitación da solicitude, atendendo as túas dúbidas e axudándoche na tramitación da solicitude, resolvendo calquera incidencia durante o proceso.

- Xustificación da subvención, realizando un inventario de toda a documentación requirida para xustificar os gastos e elaborando tamén as memorias necesarias.

En R acompañámoste durante todo o proceso, dende a formulación do proxecto ata a obtención e xustificación da subvención. Queremos formar parte activa dos procesos de transformación dixital das empresas e para iso poñemos á vosa disposición todo o noso coñecemento e experiencia en materia tecnolóxica, tamén en solucións vinculadas a Intelixencia Artificial, Big Data ou IoT (Internet das Cousas), servizos que a día de hoxe experimentan unha gran demanda por parte das empresas, sexa cal sexa o seu tamaño. Dispoñemos de solucións de negocio para a xestión efectiva e segura das comunicacións e datos da túa empresa e de servizos avanzados coa mellr tecnoloxía adaptada ás necesidades das pemes.

Se eres unha peme, accede aquí ao Programa de Aproveitamento de Axudas Tecnolóxicas.

Se eres una Gran Empresa, accede aquí ao Programa de Aproveitamento de Axudas Tecnolóxicas.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas e sobre o noso Servizo de Axudas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.