A transformación dixital está a revolucionar os sistemas, as necesidades e a xestión nas empresas. En R presentámosvos THEA, o noso novo servizo de control remoto e xestión de redes deseñado de forma específica para as empresas que desexades manter baixo control as infraestruturas IT. Porque o noso obxectivo é axudarvos a dar un paso máis nos vosos procesos de dixitalización e potenciar así a vosa competitividade.
THEA é unha plataforma de IoT, Big Data, analítica avanzada e automatización robótica de procesos orientada ás empresas. Trátase dun servizo pioneiro deseñado e desenvolvido por R. Baseámonos en necesidades que nos expoñedes as empresas clientes no día a día para vos facilitar a toma de decisións en tempo real e as tarefas de diagnóstico, operación e xestión de todas as fontes TIC da vosa empresa.
THEA permite a inxesta, almacenamento e análise avanzado da información xerada por distintas fontes TIC grazas a diversas funcionalidades:
- inclúe a mode accesos de datos con IP fixa e máquinas virtuais, con toda a información dispoñible tanto en tempo real como a nivel de histórico.
- proporciona unha visión do estado xeral dos servizos controlados remotamente nun taboleiro resumen e nun mapa ‘xeoreferenciado’.
- completa esta información cun inventario detallado do estado de cada sede, os seus accesos de comunicacións e as máquinas virtuais controladas co monitor, con posibilidade de visualización de todos os datos colleitados en modo gráfico ou tabular.
- permite definir regras e mensaxes de aviso para coñecer o estado da rede sen ter que acceder ao panel de forma proactiva.
Unha das principais vantaxes de THEA é que podedes contratar esta plataforma tecnolóxica en modo servizo. Deste xeito, evitádesvos investir recursos económicos e humanos e, dende unha única ferramenta e de maneira totalmente autónoma, podedes controlar remotamente o estado da vosa rede de comunicacións e as vosas máquinas virtuais, ademais de realizar operacións sobre os equipos e seguimento de posibles incidencias.
De maneira adicional, se as necesidades concretas da vosa empresa o requiren, podedes completar THEA con tecnoloxía RPA (Automatización Robótica de Procesos). Para iso contamos con SANDRA, o noso bot que utiliza as ferramentas de asistencia dispoñibles, interpreta os resultados e toma decisións en base a parámetros preestablecidos. Tamén complementa o labor das persoas, podendo realizar unha vixilancia 24x7 dos servizos controlados, así como auditorías e diagnósticos automáticos.
Con THEA, dende R mantemos o noso compromiso de ofrecervos un asesoramento experto na posta en marcha do servizo e un mantemento específico para que poidades obter del o máximo rendemento e calidade e abordedes con eficacia a transición dixital da vosa empresa.
THEA permitiravos optimizar os procesos de operación e o aproveitamento dos datos, garantindo a dispoñibilidade, rendemento e seguridade dos servizos en todo momento e unha xestión TIC completamente diferencial.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.