R acaba de lanzar o seu primeiro webinar para negocios, pequenas empresas e autónomos que traballan con nós.
Nesta primeira vez o tema principal foron as redes sociais. O xestor das redes sociais de R, Óscar Reboiras, foi o encargado de desenvolver este obradoiro interactivo
Webinar sobre redes sociais
O webinar comeza falando dos nosos comezos no mundo das redes sociais e como foi a nosa traxectoria ata a actualidade. A continuación detallamos as tarefas fundamentais do xestor de redes socias dunha empresa, poñendo exemplos de como se desenvolven en R.
En xeral no vídeo móstranse boas prácticas de xestión da comunicación en redes sociais con exemplos prácticos de como o facemos en R. Os participantes no directo, puideron preguntar dúbidas e formular as cuestións que consideraron, xa que a idea era facer algo útil e pensado para o día a día.
Se lle queres sacar o máximo partido ás túas redes sociais bótalle unha ollada a este primeiro webinar e xa nos contarás que che parece.
Que máis che gustaría saber?
Agardamos que este sexa o primeiro de moitos máis webinars. Gustaríanos saber en que temas estás interesado, sobre que che gustaría saber máis e así podemos mostrarche como traballamos nós neste ámbito. E seguramente ata descubras algunhas vantaxes e trucos.
Agardamos as túas propostas.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!