As solucións na nube son unha ferramenta indispensable para a eficaz transformación dixital das empresas en Galicia. E a disposición delas R pon a solución máis completa de cloud.
A que chamamos servizos cloud?
Unha plataforma cloud é un centro de datos composto por un servidor e un espazo de almacenamento na nube. E os servizos cloud ou servizos na nube son infraestruturas e sistemas que os provedores aloxamos e poñemos ao dispor das empresas a través de Internet.
Que demandan as empresas actualmente?
Cada empresa é diferente. Procurades solucións flexibles e escalables, que se adapten ás vosas necesidades e circunstancias en cada momento.
E non só demandades almacenamento; queredes servizos de dixitalización de altas prestacións personalizados e seguros que garantan autonomía e dispoñibilidade pero sen incorrer en custos elevados nin grandes investimentos.
Tampouco queredes solucións que impliquen modificar toda a vosa infraestrutura tecnolóxica e os sistemas cos que estades a traballar, senón un servizo capaz de combinarse cos que xa tedes.
Coa deslocalización, a internacionalización e o auxe de modelos de traballo híbridos, nin a oficina nin os/as empregados/as están sempre todos/as no mesmo lugar, así que necesitades poder acceder aos vosos datos dende diferentes lugares e dispositivos; é dicir, requirides dispoñibilidade.
Que vantaxes lle achegan as solucións dun cloud próximo de R á túa empresa?
R Cloud baséase nunha infraestrutura de centros de datos de altas prestacións que nos permite integrar as redes privadas dos clientes (VPN) sen límite de ancho de banda nin custos de tráfico engadidos.
A proximidade (o noso Data Centerprincipal está situado en Galicia) permítenos ofrecervos máis servizos engadidos, xa que os vosos datos están despregados nun data center próximo á sede da empresa e integrados de forma nativa coa rede privada de datos.
Ao mesmo tempo, as empresas axilizades e abaratades os procesos de negocio relacionados con grandes volumes de datos aloxados na nube.
A tecnoloxía cloud lles abre un amplo abanico de oportunidades ás empresas galegas, tal e como se analizou nas Xornadas deTransformación Dixital nas que participou o noso responsable de produtos Cloud e Ciberseguridade de R, José Manuel García.
Que importancia ten a ciberseguridade na nube?
Se falamos de datos, a ciberseguridade resulta esencial. R Cloud conta con IaaS 100% xestionado cun servizo 7X24 e en permanente evolución tecnolóxica.
E, por suposto, a nosa solución cumpre en todo momento cos requisitos establecidos na lexislación sobre protección de datos.
Por que R e non as grandes clouds públicas?
Dende R adaptámonos aos estándares máis avanzados do mercado e ofrecémosvos tecnoloxía de primeiros fabricantes pero sen perder de vista outras cuestións fundamentais para as empresas, como a autonomía, os custos ou o soporte.
Para garantirvos un alto grao de autonomía, poñemos á vosa disposición unha solución flexible e escalable que podedes xestionar e administrar de maneira sinxela.
En relación cos custos, R Cloud utiliza un sistema de pago por uso con subscrición mensual, así que son previsibles.
Ademais, teredes á vosa disposición un soporte técnico integral 24/7 con atención directa e servizo postventa con persoa interlocutora única.
Como servizos complementarios, incluímos garantía de continuidade do servizo, dos datos, do rendemento e da seguridade. E, se o necesitas, sempre podes integrar a nosa solución con clouds públicas.
En definitiva, R Cloud é unha solución á túa medida para unha dixitalización que aposta polo local e resulta máis flexible, cómoda, segura e rendible.