As telecomunicacións tamén poden resultar inspiradoras. Así o cremos en R, porque o noso obxectivo principal é conectar as persoas e as empresas a través das máis modernas tecnoloxías do mercado. E sempre quixemos facelo dunha maneira, polo menos, um pouco diferente.
Como operador de telecomunicacións pesa bastante a responsabilidade assumida cando decidimos traspasar a barreira do meramente tecnolóxico para ofrecervos algo mais. Aterramos no mercado para que puidésedes e poidades gozar da máis moderna tecnoloxía, tanto empresas modestas como grandes corporacións de Galicia, de calquera localidade, tamaño e sector, e contribuír deste xeito a alcanzar unha transformación dixital plena.
A pandemia, o gran desafío tecnolóxico
En 2019 presentóusenos o maior dos desafíos tecnolóxicos dende que comezou a nosa andaina hai máis de dúas décadas: unha pandemia mundial que revolucionou a nosa forma de vivir e de traballar e lanzounos a un escenario ata entón descoñecido no que imperaban o dixital e a globalización.
Neste contexto, ás compañías de telecomunicacións consideróusenos "sector esencial" porque de nós, en gran parte, dependía que as persoas e as empresas seguisen conectadas e que a fenda dixital desaparecese ao máximo para que a crise non deixase na estacada grupos vulnerables ou menos favorecidos, nin nos seus postos de traballo nin, en xeral, na vida. Estaba en xogo o mantemento da produtividade e a sustentabilidade do tecido económico galego.
As claves da dixitalización empresarial: responsabilidade, investimento e colaboración
Ante este panorama, o desafío mundial dos operadores de telecomunicacións ten sido ineludible. Apelando á nosa responsabilidade social corporativa e a un máis que xusto exercicio de correspondencia coa nosa contorna e a nosa xente, o sector tecnolóxico ao completo tivo que asumir un rol firme, clave e rotundo para que o maior número de persoas e empresas puidesen dixitalizarse e competir.
E agora consideramos imprescindible seguir investindo en redes avanzadas, en servizos de telecomunicacións e en infraestruturas de rede que se adapten ás vosas características e necesidades. E con elas chegar ao maior número posible de organizacións para evitar que se convertan nun privilexio tan só dalgúns/as.
Apostamos tamén pola necesaria colaboración entre entidades públicas e privadas, administración e corporacións, vectores complementarios da posta en marcha e o desenvolvemento de iniciativas de valor para mellorar a nosa produtividade e a nosa modernización tecnolóxica.
O reto sigue aí: chegar a todas as empresas e negocios de Galicia e alcanzar esa dixitalización plena sen brechas nin fronteiras para competir nun mercado cada vez máis global. Ese é o noso concepto do verdadeiro progreso e o horizonte polo que traballamos cada día en R, poñendo á vosa disposición a nosa experiencia e o noso coñecemento.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbeche ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do teu asesor persoal.