A descarbonización da economía é un dos nosos principais anhelos no marco da nosa Política de Responsabilidade Social Corporativa. E o ano 2020 supuxo un auténtico punto de inflexión porque logramos abastecernos unicamente de enerxía verde. Este é o resultado da nosa aposta pola progresiva subministración de electricidade en base a activos renovables.
Dende o principio, en R comprometémonos coa sostibilidade e coa xestión e o control do impacto ambiental que a nosa actividade corporativa xera na contorna.
A nosa aposta pola eficiencia enerxética comezou en 2018 co establecemento dun sistema de xestión conforme á ISO 50001, que implica a definición e posta en marcha de plans anuais e a realización periódica de auditorías sobre o consumo enerxético das instalacións.
No 2020, en R dotámonos dunha nova Política de Sostibilidade que levaremos á práctica durante os próximos anos co desenvolvemento do Plan Estratéxico de Sostibilidade 2020-2025.
Guíanos a idea dunha transformación cara a un modelo de negocio responsable que priorice a neutralidade de carbono e a redución de emisións a través do emprego de enerxías menos contaminantes e o uso eficiente e responsable dos recursos. Deste xeito, a nosa estratexia ambiental está dividida en tres liñas de actuación principais: loita contra o cambio climático e consumo eficiente de recursos; circularidade e xestión de residuos electrónicos, e fomento de certificacións e iniciativas ambientais.
R realizou o cálculo da pegada de carbono medindo as emisións directas e indirectas das actividades para o establecemento de plans de redución de emisións de CO2 anuais e cálculos e informes das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), conseguindo unha redución sobresaínte do 60%.
O compromiso coa xestión responsable dos recursos inclúe a aposta pola economía circular, priorizando a reutilización dos equipos fronte á reciclaxe ou a eliminación.
A estratexia ambiental de R apóiase no Sistema de Xestión Ambiental que inclúe a Política Ambiental e o compromiso cos ODS. Tamén nos adherimos á Green Recovery Alliance por unha recuperación da crise sanitaria e económica da Unión Europea coa sostibilidade como eixo imprescindible na implementación, por parte dos gobernos, de medidas e políticas aliñadas con estes criterios. Ademais, dentro do seu compromiso coa contorna, R colabora na conservación da biodiversidade a través da firma dun convenio coa Asociación Galega Custodia do Territorio.
Podes consultar aquí máis información sobre a nosa Política Social Corporativa.