O márketing de proximidade é a conexión entre a túa marca e o teu potencial cliente no momento oportuno e no lugar adecuado, e o máis importante, realízase en tempo real. O contacto directo cos potenciais clientes permite segmentar mellor o teu target e conseguir mellores resultados.

As situacións máis óptimas para levar a cabo o márketing de proximidade son os eventos e accións nas rúas e a túa cidade, aínda que sinceramente no primeiro dos casos vas ter máis fácil .

Accións de márketing de proximidade

Repartir panfletos no que presentas o teu produto ou servizo, e xa se ofreces un desconto o potencial cliente quedará encantado .

  • Repartir mostras gratis do teu produto ou ofrecer probar os teus servizos gratuitamente.
  • Facilitar rede wifi gratuíta nun determinado evento ou un establecemento. O truco está en que para poder acceder á rede deben estar rexistrados na web da túa empresa ou marca.
  • Difundir ofertas ou descontos baseados no criterio de xeolozalización, é dicir, os teus clientes que estean próximos aos teus establecementos físicos recibirán vía whatsapp, SMS ou mail este tipo de comunicación.
  • Difundir información relativa da túa marca ou produto a través dun código QR.

Beacons

O máximo no márketing de proximidade é o uso dos beacons, dispositivos electrónicos que envían información a un dispositivo receptor como un smartphone ou tablet.

Moitas empresas xa están a utilizar esta tecnoloxía para ofrecer aos seus clientes potenciais nos lugares máis adecuados e próximos ao produto máis información sobre o mesmo. A tecnoloxía que se utiliza pairas chegar aos usuarios é a bluetooth low energy que se emprega para a transmisión a través de distancias curtas, non é necesario dispoñer da internet e ten un baixo uso de enerxía e custos.

Un caso práctico dunha campaña de beacons foi o que fixo a marca de cosmética Nivea nas praias de Brasil. Bótalle unha ollada ao vídeo porque se trata dunha idea moi enxeñosa.

E ti, apúntaste á moda dos beacons?

Ata a próxima!

Imaxe de Richard Tilney-Basset.