O lead nurturing é unha técnica de márketing que se basea en establecer unha relación de valor cos usuarios dunha marca para conseguir que compren o seu produto ou servizo. Esta técnica enmárcase dentro do inbound márketing e está presente en todo o proceso de compra online.
As visitas á túa web non son suficientes para que os usuarios compren, necesitas que os teus leads, usuarios que solicitan información sobre ti a través dunha web enchendo un formulario, se motiven para adquirir os teus produtos ou servizos. Está moi ben que os usuarios que accedan á túa web acepten recibir a túa newsletter ou os teus correos de agradecemento por pasar a formar parte da túa base de datos, pero iso non che vai a dar diñeiro a medio prazo. Precisas que finalicen un proceso de compra.
Primeiros pasos
No momento no que o cliente potencial vai encher un formulario na túa web para enviarche os seus datos, debes contactar con el para saber cales son as súas principais necesidades. Ollo! non o agobies preguntándolle moitas veces e por varias canles, porque poida que baixe a súa atención e pase de ti .
Se mantés unha comunicación eficaz, poderá haber varios intercambios de información dos que obterás cada vez datos máis útiles sobre el. Con toda a información obtida poderás clasificar máis detalladamente a túa base de datos segundo as súas necesidades, e o máis importante, é que con eses datos poderás crear novas ofertas coas que captarás novos clientes potenciais e recrutarás novos leads para a túa web.
Como xerar a necesidade de compra?
Para xerar a necesidade de compra épreciso establecer un fluxo de traballo unha vez realizado o primeiro contacto cun cliente potencial.
En primeiro lugar tes que identificar a unha serie de usuarios que teñen algunha característica en común. A continuación tes que escoller o número de comunicacións que vas enviarlle e con que frecuencia. Este tipo de comunicacións fanse xeralmente a través de correo electrónico polo que se pode utilizar calquera provedor de servizos de márketing online como Mailchimp.
Que? Anímaste a experimentar co lead nurturing?
Ata a próxima!
Imaxe de Mathyas Kurmann
Gif de www.declanmckenna.net