A web 3.0 é a terceira xeración de servizos da internet para páxinas web e aplicacións. Na práctica, funciona como un novo compoñente ou extensión da web 2.0 e, como adoita ocorrer coas novas tendencias, non ten unha definición nin unhas características concretas ni establecidas unanimemente.
En termos xerais, trátase dunha rede informática na que todos os datos están conectados.
As máquinas procesan o contido dunha forma similar a como o fan os seres humanos, de tal maneira que os/as usuarios/as poden interactuar mediante linguaxe natural. Para iso, as máquinas deben contar con tecnoloxía que lles permita interpretar o software e procesar a información de forma rápida, sinxela e segura.
Así, a web 3.0 convértese nunha gran base de datos ordenada, comprensible e de fácil acceso, que nos permite á información de forma flexible e versátil a través de calquera dispositivo e independentemente do seu formato.
Porque as máquinas xa non só ordenan e mostran información baseándose na súa estrutura sintáctica, senón que localizan o compoñente semántico e realizan procuras intelixentes. Por iso é polo que tamén se coñece como web semántica.
O resultado son webs máis intelixentes, abertas e accesibles que melloran e personalizan a experiencia de navegación.
É dicir, que a xestión dos datos e a capacidade para entender, organizar e dar sentido a inxentes cantidades de información en internet cunha mínima intervención humana son as claves da nova web 3.0.
Vantaxes da web 3.0 para as empresas
Que supón para as empresas a chegada desta nova web 3.0? É unha nova maneira de procesar a información e de coñecer mellor aos/ás vosos/as clientes/as e as súas necesidades, e da que podedes extraer interesantes vantaxes e beneficios.
- Incremento de vendas e desenvolvemento de novos produtos: coñecer mellor o/a consumidor/a conleva maior eficiencia nas estratexias de márketing e vendas e é unha eficaz ferramenta de sondaxe de tendencias do mercado.
- Velocidade: as conexións e procuras máis rápidas permiten novos usos e aplicacións en sectores como a telemedicina, a realidade aumentada ou a computación cuántica.
- Estabilidade na conexión: redúcense as interrupcións e os problemas de acceso porque os datos xa non están almacenados nun único punto ao que non se poida acceder se existe unha avaría ou un problema de entrada, senón que se atopan distribuídos e descentralizados.
- Automatización, personalización e precisión: a web lembrará e "entenderá" os nosos patróns de procura a partir dun filtrado de datos automático e preciso, polo que será máis fácil acertar cos servizos e produtos concretos que interesen.
- Versatilidade: a web 3.0 amplía o horizonte de posibilidades e usos dos dispositivos conectados a internet. Por exemplo, electrodomésticos intelixentes que utilizan redes sen fíos e IoT ou asistentes de voz como Siri ou Alexa son usos reais da web 3.0.
- Ubicuidade: permite o acceso dende múltiples dispositivos e localizacións.
- Interactividade, interconexión e interoperabilidade: comunicación máis fluída e eficiente entre aplicacións, entre plataformas e redes sociais, entre dispositivos intelixentes, entre usuarios/as, entre sistemas...
- Democratización e transparencia: as webs xa non son propiedade exclusiva de ninguén e calquera usuario/a pode converterse en propietario/a. Por unha banda, o/a creador/a de contidos mantén o control sobre os datos e, por outro, é de acceso público saber que fai con eses datos.
- Fiabilidade: un maior control sobre os datos elimina a posibilidade dun punto único de fallo.
- Descentralización e liberdade: acceso á información directamente, sen intermediarios/as. Non se poden censurar nin restrinxir as aplicacións descentralizadas.
Nun mundo repleto de datos dixitais, a web 3.0 convértese na mellor ferramenta para dotalos de sentido e achegalos ao usuario da maneira máis intuitiva, rápida e personalizada. Un contexto no que todos os datos estarían conectados e onde se entenderían tanto contextual como conceptualmente; e no que, ademais da web 3.0, entran en xogo tecnoloxías como a omnipresente Intelixencia Artificial, aplicacións baseadas en Big Data e, por suposto,Blockchain, un dos grandes piares do funcionamento da web 3.0.
En R somos o voso asesor dixital integral e sempre estamos atentos/as ás tendencias do mercado para achegarvos as tecnoloxías máis novas e innovadoras que vos permitan seguir sendo competitivos/as na vosa empresa ou negocio.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.