Hoxe contámosche os próximos eventos que non debes perder este mes de marzo. Son moi útiles para aprender, potenciar a imaxe do teu negocio e chegar a un maior público.

Marketing dixital e comercio electrónico. Tendencias 2018 - 2020

Esta xornada xa se celebra cara a finais de febreiro, concretamente o día 27, no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

Falarase sobre as novas tendencias en márketing dixital e presentaranse os dous novos programas do CDTIC: #MesD e #DemosXWeb.

O encargado do relatorio nesta xornada será Rubén Bastón, director da revista Marketing4ecommerce e especialista en redes sociais e contidos dixitais na axencia de márketing dixital Elogia.

Podes inscribirte accedendo á web do CDTIC de Galicia.

Actividades do CDTIC

O Centro Demostrador TIC de Galicia ofrece unha serie de formacións relacionadas co márketing dixital ao longo do mes de marzo.

Estas actividades formativas levaranse a cabo en Vigo, concretamente na Aula CeMIT, na rúa Oporto nº 1.

Aquí tes a relación de cursos por datas e temática:

  • 6 de marzo: Márketing dixital: Márketing de buscadores. SEO e SEM.
  • 13 de marzo: Márketing dixital: Márketing en redes sociais.
  • 20 de marzo: Márketing dixital: Email marketing.
  • 27 de marzo: Márketing dixital: Analítica de resultados web.

Para inscribirte é preciso que accedas ao espazo privado da web do CDTIC.

MK-Open

Evento aberto ao público onde os mellores expertos en márketing dixital participarán como relatores. Ademais dos relatorios, poderás participar en diferentes cursos nos que practicarás a xestión das redes sociais e o posicionamento web.

E o mellor que ten esta xornada é que promove as relacións entre provedores e clientes, para fomentar a creación de futuros negocios.

O congreso MK-Open terá lugar o 1 de marzo en Madrid, concretamente no teatro Pompeya. O prezo da entrada é de 49€.

Club Ecommerce Digital

Este evento celebra a súa quinta edición entre os días 6 e 8 de marzo en Sitges, Barcelona. O seu obxectivo principal é axudar a diferentes organizacións a mellorar o seu impacto dixital.

Para acadar este fin é preciso facer un networking de calidade, para iso crean para cada asistente unha axenda de citas “1 to 1” coa empresa ou provedor con che interese comezar unha relación .

Podes solicitar a túa participación a través da web digital1to1spain.clubecommerce.com.

Enterpreneur Day

Enterpreneur Day celebra a súa segunda edición o 15 de marzo en Barcelona. Este evento está organizado polo IEBS Business School, a aceleradora Seedrocket e La Salle Technova.

O obxectivo deste evento, ao que tamén podes asistir vía online, é mostrarlle ás empresas de recente creación os coñecementos para lanzar o seu modelo de negocio. Ademais de conferencias e obradoiros presentaranse as 50 mellores startups de base tecnolóxica.

Ten boa punta, a que si? Pois apúntate, ademais a súa inscrición é gratuíta.

Ata a próxima!

Imaxe de https://unsplash.com/@stilclassics