A normativa de Prevención de Riscos Laborais (PRL) tamén é obrigatoria para autónomos con traballadores ao seu cargo, non só para pemes e grandes empresas. Neste caso hai que cumprir a Lei 31/1995 do 8 de novembro de prevención de riscos laborais.

Por outra banda, se ti es autónomo e non tes traballadores ao teu cargo e non compartes centro de traballo con outra empresa nin traballas como subcontrata doutra empresa, non estás obrigado a cumprir dita lei.

Pero se estás no primeiro dos casos, toma nota!

Plan de Prevención de Riscos Laborais

No plan de xestión xeral da túa empresa tes que incluír o Plan de Prevención de Riscos Laborais. Aí debes especificar todas as tarefas de prevención que afectan aos teus traballadores no lugar de traballo. Entre esas tarefas destacan:

  • Tomar todas as medidas precisas para a protección dos traballadores.
  • Organizar os traballadores que se van a encargar das tarefas de prevención.
  • Informar, formar e acadar a participación de todos os traballadores.
  • Avaliar os riscos do plan e facer correccións.
  • Documentar todo o plan e todos os seus anexos.
  • Coñecer como actuar en situación de emerxencia.
  • Realizar recoñecementos médicos aos traballadores.

Inspección

No caso de que recibas unha visita por parte de inspección de traballo, debes presentar a documentación precisa e sempre é recomendable que estea presente o responsable do comité de PRL.

A documentación necesaria no caso de inspección é: o plan PRL, as medidas de seguridade, o material para protexer durante o desempeño do traballo, as accións de prevención de riscos e a súa planificación e unha relación de accidentes que houbera con anterioridade.

Galicia

Unha vez revisada a documentación e as instalacións do centro de traballo, se todo está correcto non terás ningún problema.

Se queres ampliar máis información ou resolver algunha consulta a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia é o organismo encargado deste ámbito en Galicia.

Ata a próxima!

Imaxe Ethan Choover