Ola. Seguro que che soa esta situación. No teu bar, cafetaría ou negocio chega a hora punta, todo o mundo se conecta á túa rede wifi, os trabajadores non podedes navegar en internet como vos gustaría e a experiencia non é demasiado boa.

Pensando nestes casos, lanzamos o servizo wifi pro. Resumímosche algunhas características.

Mellor cobertura wifi

Ofrecémosche a máxima cobertura no teu local e capacidade para soportar un elevado número de clientes conectados.

Punto wifi para moitos clientes

Instalarémosche, no mellor punto posible do teu local, un punto de acceso wifi profesional deseñado para negocios coma o teu, con moitos clientes conectados. Buscamos que a cobertura sexa a mellor.

Unha rede para ti e outra para os teus clientes

Os teus clientes poden conectarse nunha rede a internet, ver vídeos ou enviar mensaxes, e ti terás outra rede wifi exclusiva para o teu negocio.

A red dos teus clientes é xestionable e separada da túa rede privada. Ademais, se os teus clientes tamén o son de R, poderán conectarse a wificlientes R no teu negocio directamente.

Contrasinais

Incluímos unha pizarra no servizo para que poidas mostrar o contrasinal aos teus clientes.

Agora ben, para que non todos os veciños do barrio teñan o teu contrasinal, pódelo cambiar de forma moi sinxela na nosa nosa web de clientes. E mesmo activar ou desactivar a túa rede wifi cando o desexes ou cambiar o nome da rede.

Condicións

O servizo wifi pro está dispoñible para os clientes con combo empresa con 200 megas ou máis.

A instalación é gratuíta e o prezo é inmellorable, só 9,90€+IVE/mes. Ademais, agora telo ao 50% durante 2 meses.

Contratar

Se estás interesado en contratar wifi pro, podes deixarnos os teus datos de contacto no formulario deste post, ou ben ben chamarnos aoi 1449 ou ben contratalo na web de clientes.

Con calquera dúbida, quedamos por aquí á túa disposición.

Un saúdo.