Dende R Empresas queremos impulsar o teu negocio dándoche acceso ao programa Kit Dixital, a subvención con fondos para axudar ás PEMES a penetrarse no mundo dixital.
As próximas empresas en poder beneficiarse do bono dixital poderán dispor de dous tipos de dotación económica en función do número de empregados/as:
- Empresas de 3 a 9 empregados/as: Ata 6.000 €.
- Empresas de 1 a 2 empregados/as: Ata 2.000 €.
Como xa sabes, queremos pórche as cousas fáciles á hora de tramitar a túa solicitude do bono do Kit Dixital para a túa empresa. Como o teu axente dixitalizador, ademais de asesorarte sobre as solucións dixitais máis axeitadas e xestionar a súa implantación, acompañámoste a dar os primeiros pasos solicitando a axuda no teu nome.
Autorízanos como o teu ‘representante voluntario’
Para que poidamos axudarche coa dixitalización da túa empresa e solicitar a subvención do programa Kit Dixital no teu nome, tan só precisamos que realices un pequeno trámite previo: enviarnos cuberto o documento de ‘representante voluntario’. Explicámosche os pasos que debes seguir. Verás que se trata dun proceso moi sinxelo:
- Descarga o documento de Representante Voluntario.
- Cubre e asina dixitalmente o devandito documento (é recomendable utilizar Acrobat Reader).
- Envíanolo a [email protected] indicando no asunto "KIT DIXITAL + *Nome da túa empresa*"
É moi importante que cubras o documento e que nolo envíes canto antes. Ten en conta que hai moitas empresas interesadas e que as axudas serán outorgadas por orde de chegada e ata esgotar fondos, xa que son limitadas!
Completa o test de diagnóstico dixital
Cómpre que fagas algo máis tras enviarnos o documento? Si! Lembra que para solicitar a axuda é moi importante que te rexistres e completes previamente o test de diagnóstico dixital. Para iso, rexístrate na área privada do Programa Kit Dixital e completa o test de diagnóstico dixital.
Unha vez realizadas todas as xestións, só tes que agardar a que nos poñamos en contacto contigo para que poidamos comezar a implantar as solucións dixitais na túa empresa. Se che xorden dúbidas durante o proceso, escríbenos un correo electrónico e porémonos en contacto contigo canto antes. Segues tendo dúbidas? Non te preocupes, podes consultar o noso post coas preguntas máis frecuentes sobre o programa de axudas do Kit dixital.