Como empresa tecnolóxica buscamos recoñecer o compromiso das empresas galegas que apostan pola evolución tecnolóxica constante e o desenvolvemento de proxectos innovadores. E tamén premiar a súa fidelidade como clientas. Así xorde o premio "aleluIA", que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2024 recibiu Pérez Rumbao e que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2025 distinguiu a Parfois.
Durante as Xornadas Tecnolóxicas R 2024 celebramos un momento moi especial: a primeira edición do premio "aleluIA". Con este novo galardón quixemos distinguir proxectos e empresas de Galicia nas que hai un plus de creatividade e espírito innovador á hora de aplicar a tecnoloxía. En 2025, o premio recoñece a traxectoria de Parfois.
Procuramos que este premio sirva tamén para lles dar voz a clientes/as cos/coas que traballamos conxuntamente na dixitalización dos seus negocios, poñendo en marcha solucións personalizadas e adaptadas ás súas necesidades.
E non é casual que fagamos coincidir a entrega do premio "aleluIA" coas nosas Xornadas Tecnolóxicas. Consideramos este foro o lugar e momento perfectos para dar a coñecer ao conxunto dos asistentes o proxecto tecnolóxico galardoado e para compartir, ao tempo, a experiencia, establecendo sinerxías ou posibles colaboracións empresariais.
Por que premio "aleluIA"?
O nome "aleluIA" faille unha chiscadela ao sentido mesmo do premio, porque nos leva ao momento no que logramos superar un reto e o expresamos desa maneira.
O deseño físico do galardón inspírase no famoso cubo de Rubik. Neste caso, trátase dun cubo interactivo composto por pezas sobre as que hai uns e ceros. Trátase do sistema binario que utilizan os computadores e o resto de dispositivos electrónicos. E simboliza a idea dun xogo sen fin no que se atopan a intelixencia, a creatividade humana e máis ese sistema binario no que se basea a tecnoloxía.
Pérez Rumbao: premio "aleluIA" 2024
Na primeira edición entregamos o premio "aleluIA" ao Grupo Pérez Rumbao, empresa ourensá de automoción, en homenaxe a un século de historia onde a industrialización e os avances tecnolóxicos teñen xogado un papel fundamental.
Trátase dun bo exemplo do espírito de innovación que queremos recoñecer co noso premio "aleluIA".
Parfois: premio “aleluIA” 2025
En 2025, recoñecemos co premio AleluIA a innovadora integración da Intelixencia Artificial coa intelixencia humana na toma de decisións de negocio de Parfois.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.
