Que quero ser de maior? Onde me gustaría traballar? Como podo mellorar como profesional? Tres preguntas que nos facemos en tres momentos vitais diferentes, pero cun denominador común a día de hoxe que esixe, para acertar, tirarlle o máximo partido aos recursos dixitais.

Neste contexto xorde DigiTalent, unha iniciativa que busca reducir a fenda crecente entre a demanda e a dispoñibilidade de talento dixital. O obxectivo é promover que a cidadanía conte coas capacidades necesarias para desenvolverse plenamente no ámbito dixital, tanto na súa vida persoal como profesional.

DigiTalent combina iniciativas dirixidas a todos os públicos: nenas/os e adolescentes, mozas/os e adultos/as. Trátase de detectar incipientes vocacións científico-tecnolóxicas, de promover a adaptación aos novos perfís dixitais e de apoiar os líderes dixitais presentes e futuros dunha sociedade que vive un proceso de imparable transformación dixital.

R, aliado dixital e colaborador de DigiTalent

Son moitas as actividades promovidas por DigiTalent e aquí falámosvos daquelas nas que colabora R como aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia e colaborador do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia – DigiTalent– que desenvolve a Xunta de Galicia a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Levamos dende 2017 percorrendo Galicia con crea R. Nun principio celebrábanse talleres de audiovisual e robótica con esta denominación e, dende hai 2 anos, complétase con charlas sobre educación dixital. É unha opción familiar onde máis de 3.000 nenos e adultos xa participaron.

Este ano arrincamos no mes de marzo, e xa temos programadas as visitas a Cedeira, O Grove e O Barco.

Os talleres de robótica, que procuran potenciar a creatividade nos pequenos, diríxense a nenas e nenos de entre 7 e 12 anos. Nesta ocasión o proxecto consiste na programación e construción dunha cidade facendo uso dos valores do emprendemento e do meollo dos chamados “conceptos STEAM”: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas.

As charlas sobre educación dixital tamén forman parte de crea R e a súa finalidade é resolver dúbidas a todos aqueles que non naceron na era dixital (pais, nais, titores/as, educadores/as…) sobre o uso que da internet e das redes sociais fan os chamados ‘millennials’. Un pedagogo darálles consellos e axudará a resolver estas dúbidas sobre educación dixital.

Desenvolvendo sociedades dixitais

En definitiva, DigiTalent xorde pola necesidade crecente de contar con persoas capacitadas dixitalmente para manter a innovación e a competitividade, unha demanda económica e social que para R tamén é moi importante, de aí o noso decidido apoio a esta iniciativa.

O fin último é asegurarnos de que Galicia compite como rexión de referencia a nivel europeo no ámbito da transformación dixital a través de profesionais que responden ás necesidades tecnolóxicas actuais e futuras.

En liña con esta idea, en marzo activarase tamén a canle 'Retorna Dixital', un espazo incluído dentro do portal Retorna da Xunta de Galicia que busca captar talento para o sector tecnolóxico entre os galegos/as no exterior e que nace co reto de converterse nunha canle de contacto directo entre o sector dixital e os/as profesionais galegos/as interesados/as en volver a Galicia.

Mais información en: https://digitalent. xunta. gal/gl e en [email protected]