Nun mundo hiperconectado, a conectividade é vital para afrontar a actividade e coidar a seguridade de toda empresa. Necesítanse solucións que se adapten ás necesidades dos negocios para que, dunha maneira fácil, intelixente e eficiente vos axuden no traballo.
Que é peme MAX?
peme MAX é a solución máis completa para estar sempre ao día, para estar “on”, con internet de alta velocidade, tarifas de móbil e central virtual en funcionalidades avanzadas e competitivas opcións de seguridade.
Que inclúe peme MAX?
Todos os servizos necesarios, nunha mesma solución, para o funcionamento diario dunha peme, independentemente do sector no que desenvolva a súa actividade.
- Fibra MAX 600 Mb. Conexión de fibra simétrica con velocidade estable de 600Mbps e wifi AC.
- Internet sempre dispoñible. Cun backup móbil 4G/5G de conexión automática. É dicir, a conexión de fibra refórzase a través da rede móbil, que se activará automaticamente se hai algún problema para que a vosa empresa estea sempre “on”.
- Móbil con GB e chamadas ilimitadas coas que se poderá navegar a máxima velocidade con cobertura de datos 5G. E sen complicacións, cos fixos ou móbiles que necesitedes para o voso negocio.
- Centraliña virtual: Unha centraliña na nube que asegura unha xestión intelixente das chamadas. Con dous postos con terminais IP incluídos, chamadas ilimitadas a calquera fixo e móbiles da vosa empresa e funcionalidades avanzadas como música en espera, IVR 3 niveis, cola de chamadas ou fax virtual.
- Seguridade dixital multidispositivo: Unha das grandes prioridades que queremos coidar para ter datos sempre protexidos e á man.
Cunha copia de seguridade de 10 Gb e dúas licenzas para salvagardar datos almacenados ata en tres dispositivos distintos por cada licenza. E coa suitede seguridade BitDefender Total Security MSP para dous usuarios e que se pode configurar ata en tres terminais.
Coa proximidade, soporte continuo e atención personalizada de R
A todas estas vantaxes e servizos unimos, como sempre, a nosa proximidade e atención personalizada. Isto significa que contades con soporte experto e atención a profesionais as 24 horas do día e os 7 días da semana para solucionarvos, en tempo real, por teléfono ou por chat, calquera consulta ou incidencia relacionada co acceso a internet ou problemas con dispositivos e aplicacións.
Ademais, tamén vos axudará a instalar e configurar os vosos equipos e analizará os riscos, para que esteades preparados ante posibles ciberataques e poidades centrarvos no voso negocio.
Se queres coñecer as nosas solucións para todo tipo de empresas, como peme MAX, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.