As novas formas de traballo necesitan novas solucións tecnolóxicas para as empresas que vos permitan un teletraballo sen sobresaltos, é dicir, que vos aseguren aos usuarios o acceso á información e ás aplicacións de forma segura e áxil.

A entrega de postos de traballo en remoto con acceso inmediato e seguro a aplicacións, datos e recursos converteuse na solución máis efectiva na crise provocada pola COVID-19, proporcionando unha experiencia de usuario idéntica á obtida no posto de traballo habitual. Outras opcións resultaron ser menos funcionais, máis complexas e comprometeron a seguridade da información.

Así que en R puxémonos a traballar nunha solución para o despregamento de contornas de teletraballo en modo cloud, conxuntamente con Ozona Tecnología, compañía especializada na dixitalización do posto de traballo.

O resultado son solucións baseadas en tecnoloxía Citrix que poden integrarse con infraestruturas xa existentes, de maneira que non requiren cambios na estratexia TI da vosa empresa e ademais incorpóranse cun modelo de custos previsible e flexible, xa que se entregan en pago por uso.

As solucións que vos propoñemos permiten unha completa flexibilidade ao combinar servizos nun DataCenter Virtual (DCV) próximo con servizos na nube pública, o que permite altas prestacións derivadas da proximidade do Datacenter e a súa integración nativa coa rede privada de datos do cliente, así como unha garantía de seguridade da solución.

soluciones_cloud

En función do grao de virtualización previo, temos dous posibles escenarios:

Un primeiro escenario con acceso ao posto de usuario mediante Cloud Connector, máquina virtual que conectará coa contorna Citrix Cloud e todos os compoñentes necesarios. Neste caso, o usuario pode acceder a todos os recursos e datos en remoto sen necesidade de instalar nada no seu dispositivo. Trátase da opción máis recomendada, segura e fácil de despregar cando non existe infraestrutura virtual previa e é un escenario de transición cara a unha contorna VDI.

O segundo escenario sería o acceso á infraestrutura virtual (VDI) no Data Center Virtual de cada empresa mediante Cloud Connector, que se comunicará coa contorna Citrix Cloud. Tampouco neste caso o usuario debe instalar nada nos seus dispositivos, permítelle transitar a modelos BYOD e consegue a mellor experiencia de uso grazas ao protocolo HDX, a funcionalidade que outorga a contorna Citrix, e ao despregar VDI nun Datacenter próximo.

En calquera caso, os dous escenarios simplifican a entrega de aplicacións e postos de traballo garantindo o rendemento, a flexibilidade, a facilidade de xestión e a experiencia de usuario mediante Citrix Cloud. Estamos a falar da virtualización de aplicacións e postos de traballo baseados en cloud, fáciles de aprovisionar e despregar mediante o aloxamento en DCV.

Adicionalmente facilítanse ferramentas integradas para a monitoraxe e a incorporación de novos recursos co fin de adaptar o alcance da estratexia cloud ás necesidades futuras e engádense aplicacións de análise e xestión para coñecer o uso, rendemento e experiencia.

En canto á seguridade, utilízase un único gateway con autenticación de dobre factor, monitoraxe de extremo a extremo e control de acceso.

En suma, trátase dunha solución que vos permitirá teletraballar con solvencia e eficiencia sen grandes custos nin investimentos, adaptándovos de forma sinxela a unha nova realidade que chegou para quedar.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións para o teletraballo na empresa, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.