Sabemos o importante que é para ti ter un móbil que che de as mellores prestacións para poder levar a cabo o teu traballo na túa empresa ou negocio. Actualmente no catálogo de móviles de R temos os seguintes terminais que che farán a vida e o traballo máis fácil e a bos prezos.

Huawei P30

Este novo terminal de Huawei é o máximo en fotografía, supera en prestacións a algunhas cámaras de fotos. Se es dos que necesitas capturar boas imaxes dos teus traballos, este é o teu móbil.

Ademais, estás de sorte, porque este mes de maio ten un desconto de 171€ sobre o seu prezo total. O seu prezo actual é de 24€ ao mes durante 24 cotas. Contrata aquí.

iPhone XS

Se es dos que soamente usa móbiles Apple, o iPhone XS é o teu móbil. Vén equipado co chip máis intelixente e con máis potencia de todos os smartphones, o A12 Bionic. É que xa se sabe que Apple nunca para de innovar e de lanzar novos móbiles que superan aos anteriores. Ah! e non te preocupes por se te quedas sen batería en calquera momento da xornada de traballo, ou fóra dela , poderás cargalo en calquera lugar xa que dispón de carga sen fíos.

Durante o mes de maio o seu prezo é de 47€ ao mes durante 24 cotas, cun pago inicial de 199€. Contrata aquí.

Samsung Galaxy S10

O Galaxy S10 enmárcase dentro da nova xeración de terminais innovadores da marca coreana. Ten dispoñible unha memoria RAM de 8GB e un almacenamento de 512GB (256GB dispoñibles para o usuario), poderás instalar todas as apps necesarias para xestionar o teu traballo diario e gardar todos os documentos e imaxes que necesites. E non te preocupes por se se che acaba a batería, porque ten unha autonomía de 24 horas. Este teléfono é tan, tan intelixente que cando detecta que levas tempo sen utilizar algunha das túas apps péchaa automaticamente, así non tiras de datos nin de enerxía.

Mola verdade? Durante este mes de maio pódelo levar por 33€ ao mes durante 24 cotas cun pago inicial de 109€. Contrata aquí.

Samsung Galaxy Note 9

O Galaxy Note 9 destaca por ser un móbil cunha enorme potencia e resistente á auga e ao po. Se es dos que necesitan un móbil todoterreo, este é o teu terminal. Grazas ao seu procesador de 10nm e á súa memoria de 6GB de RAM poderás realizar varias tarefas á vez. Ademais, ofrece a posibilidade de usar dous números diferentes no mesmo terminal grazas á dual nanoSIM.

Podes adquirilo por 31€ ao mes durante 24 cotas, cun pago inicial de 105€. Contrata aquí.

Calquera destes catro terminais axudarante a realizar as túas tarefas e a xestionar mellor o teu negocio, independentemente de cal sexa o teu sector. Con cal quedas?

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!