Ola. Moitos clientes estabades a reclamarnos que financiásemos outro tipo de dispositivos, ademais de terminais móbiles, para as vosas empresas. Así que agora xa podes desfrutar de portátil, surface ou iPad con financiamento durante 24 meses.
Ademais de renovar os dispositivos e ferramentas da túa empresa, podes combinalos con Office 365 Empresa Premium e descubrir unha nova forma de traballar por 9,9 €/mes + IVE.
Dispositivos financiados
Vai ser difícil elixir entre algunha destas ofertas:
Dell Vostro 5471
Portátil compacto e lixeiro con pantalla de 14” para profesionais que buscades potencia e estilo. Lévao por 24,65 €/mes + IVE durante 24 cotas.
- Intel Core i5-8250U
- 8GB RAM 256GB HD SSD
- pantalla 14.0" FHD/Intel UHD 620
- ultra lixeiro: 1,685 kg
- cámara e micrófono incluídos
- Windows 10 PRO
Surface Go 10” 4GB 64GB W10PRO
Versatilidade e comodidade por 20,90 €/mes + IVE durante 24 cotas.
- inclúe funda con teclado typeCover
- o máis pequeno e lixeiro da súa gama
- ideal para as tarefas cotiás: navegar por internet, xestionar o correo, facer videochamadas e editar documentos
- poderás executar software como Office, e aplicacións de redes sociais, Netflix, Spotify e moitas máis
- inclúe Windows 10 PRO
iPad 2018 32GB WiFi + 4G
Lixeireza e adaptabilidade por 16,49 €/mes + IVE durante 24 cotas.
- delgado, lixeiro e resistente
- a potencia dun ordenador pero como ningún outro ordenador
- pantalla retina de 9,7”
- compatible con apple pencil
- conéctalle o teclado bluetooth que máis che guste
- co 4G poderás estar conectado en todas partes
Office 365 Empresa Premium
E para estar completamente equipado, podes combinar estes dispositivos con Office 365 Empresa Premium por 9,9 €/mes + IVE.
Entre as vantaxes terás:
Como ves é unha moi boa noticia que seguro facilita a renovación dos teus dispositivos para este 2019.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Un saúdo!