Ola. O Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) continúa a xerar moitas dúbidas e consultas.

Neste post querémosche aclarar unha das cuestións que pode ocasionar multas e sancións ás empresas: a tecnoloxía e os programas que debes ter no teu negocio.

Responsabilidade

En concreto, o punto 49 da lei, establece que non se permite que as empresas que traten datos teñan software pirata, polo risco que iso pode xerar. Copiamos literalmente o que se indica:

"Constitúe un interese lexítimo do responsable do tratamento interesado o tratamento de datos persoais na medida estritamente necesaria e proporcionada para garantir a seguridade da rede e da información, é dicir a capacidade dunha rede ou dun sistema de información de resistir, nun nivel determinado de confianza, a acontecementos accidentais ou accións ilícitas ou malintencionadas que comprometan a dispoñibilidade, autenticidade, integridade e confidencialidade dos datos persoais conservados ou transmitidos, e a seguridade dos servizos conexos ofrecidos ou accesibles a través destes sistemas e redes, por parte de autoridades públicas, equipos de resposta a emerxencias informáticas (CERT), equipos de resposta a incidentes de seguridade informática (CSIRT), provedores de redes e servizos de comunicacións electrónicas e provedores de tecnoloxías e servizos de seguridade. No anterior cabería incluír, por exemplo, impedir o acceso non autorizado ás redes de comunicacións electrónicas e a distribución malintencionada de códigos, e frear ataques de «denegación de servizo» e danos aos sistemas informáticos e de comunicacións electrónicas".

Riscos

Como sinala Carlos Pérez, socio de ECIJA, firma legal de BSA en España, o uso de software ilegal nas empresas ten unha serie de riscos:

  • posible perda de datos.
  • fallos críticos do sistema informático.
  • maior exposición aos ataques de virus informáticos e malware.

virus

Ao non coñecer a orixe do programa que estamos a usar, abrimos a porta a posibles ameazas, xa que un bo número de descargas están infectadas. Como indican en tecnozero, "o software pirata é unha das principais entradas de malware na empresa, polo que é mellor telo todo orixinal".

Datos

Xa non se trata das multas que se establecen polo uso de software ilegal no noso país, senón o risco nos datos. Hai que ter claro que uno dos obxectivos dos ciberdelincuentes é facerse con información sensible dos nosos clientes ou usuarios.

É por iso que a Comisión Europea pediu poñer en práctica as medidas necesarias para evitar que haxa un risco ou fuga na información de carácter persoal. De non facelo, o responsable é directamente a empresa.

Office

Un dos programas máis habituais para as empresas é o Office, xa que usamos programas para editar textos, presentacións, cálculos... Lembra que ter este servizo pirateado tamén xera unha serie de riscos. Valora se paga a pena.

No caso de que che afecte esta posibilidade e decidas legalizar o teu software, recorda que en R temos dúas solucións moi económicas. Por unha banda o Office365 Essentials e, pola outra, o Office365 Premium. O primeiro inclúeche Word, One note, PowerPoint e Excel na nube, correo con 50GB e 1TB de capacidade na nube por só 3,9€/mes+IVE. No segundo, ademais do anterior, tamén podes instalar o programa en 5 PC's + 5 tablets + 5 smartphones por só 9,9€/mes+IVE.

Coma sempre, con calquera dúbida, estamos por aquí.

Un saúdo.

Imaxes de Marcus Spiske e de Helloquence