Compartimos contido en Facebook a diario. As fotos dos nosos amigos levan o noso “gústame” e mesmo seguimos algunha empresa. É curioso como cambiou a presenza das empresas en Facebook. De feito, se alguén dixese, alá por 2007, que institucións como a Xunta de Galicia deberían estar en Facebook, sen dúbida, máis dun tería arqueado a cella.
A día de hoxe, Facebook converteuse nunha canle de comunicación máis para moitas empresas. Mesmo, nunha canle imprescindible para aqueles negocios orientados ao sector retail (empresas dedicadas á venda de produtos de gran consumo). Se es un deles, non o dubides, deberías estar en Facebook.
Deixámosche aquí 5 cousas boas que a rede social pode facer pola teu negocio.
5 vantaxes de estar en Facebook
Consegue que te atopen
Facebook permite que os teus clientes te coñezan e saiban onde atoparte. Na túa páxina podes anotar a dirección da túa web, o horario comercial do teu negocio e calquera outro dato que consideres de interese.
Facebook non posicioa de maneira orgánica, polo que non serve para a túa estratexia de SEO. Isto significa, que a túa páxina na rede social non será o primeiro resultado cando busques o teu negocio na internet. Pero si que terás presenza cando un usuario te busque na rede social.
Viraliza a túa marca
Fai que o boca oído sexa máis fácil difundindo o teu contido en redes sociais. Se o que publicas gusta, os teus clientes compartirano e será visto por máis xente. Ademais, Facebook conta con ferramentas para promocionar publicacións e segmentar ao público ao que te queres dirixir..
Fala cos teus clientes
Grazas a Facebook podes crear un vínculo cos teus usuarios diferente ao que consegues coa túa web. A rede social permíteche falar directamente con eles, así como coñecer as súas necesidades e os seus gustos.
Facebook tamén che axuda a atopar novos clientes. Coidado, non se trata de chegar a máis persoas senón de contactar con aquelas que están interesadas no que facedes no teu negocio. Pensa que teñen en común, a súa idade, onde viven e que podes facer por elas. Se o tes claro, Facebook fará o resto do traballo.
Vende un pouquiño máis
Aos poucos Facebook está a mellorar a posibilidade de deseñar estratexias e-commerce para que poidas integrar a túa tenda na rede social.
Pero para vender o importante é que coides a túa comunidade ofrecéndolles publicacións que lles interesen ou facéndolles chegar as últimas novidades. Non esquezas falar con cada un dos teus clientes e escoitalos. Ao final, a clave do éxito radica en que vos entendades.
Analiza as túas accións
Facebook ofrece estatísticas para que poidas medir o impacto que tiveron as túas publicacións. Gustaron?, responden as túas mensaxes?, que títulos funcionan mellor?. Grazas a estes datos poderás orientar calquera acción aos gustos dos teus clientes.
Por que te van seguir en Facebook?
Contámosche as vantaxes de estar en Facebook. Agora, que a túa páxina funcione ou non depende de ti. Á fin e ao cabo, Facebook é só un colector, é o teu traballo coidar o que fas para que os teus clientes decidan seguirte.
Sé auténtico
- Non copies. Comparte o que de verdade che entusiasma para que os teus clientes se emocionen contigo.
- Coida sempre as imaxes das túas publicacións e realiza as túas propias fotos.
- Fomenta a conversación cos teus clientes e sobre todo, escóitaos.
Coida dos teus fans
- Responde aos fans. Cando a xente comente as túas publicacións, demostra que a empresa escoita e que lle importa. Se necesitas tempo para responder unha dúbida, indica que o vas a pescudar.
- Premia aos teus fans por seguirte.
Mantén o equilibrio
- Sé constante. Se publicas a miúdo, tes máis oportunidades de conectar coa túa comunidade. Fixa un calendario de publicacións para aproveitar o tempo.
- Achega información sorprendente e de calidade. Non publique nunca porque si.
Se decides lanzarte a crear a túa propia páxina en Facebook faino con cabeza e agarimo. Non esteas por estar e demostra aos teus clientes que sentes verdadeira paixón polo que fas.