A Responsabilidade Social Corporativa é un fiel reflexo de toda empresa, das súas accións, dos seus obxectivos e, sobre todo, dos seus valores.
Tal é o caso do Grupo Euskaltel, xa que para nós a Responsabilidade Social Empresarial é unha prioridade e sentímonos especialmente orgullosos de participar ou ser recoñecidos nalgunha das moitas iniciativas dirixidas a fomentar e dar visibilidade a estas políticas nos diferentes ámbitos, sociais ou económicos, públicos ou privados.
Un índice que identifica as compañías do IBEX35 con mellores prácticas empresariais
Recentemente veñen de incluirnos no índice bolsista de sustentabilidade FTSE4Good IBEX, un dos máis prestixiosos do mundo, que identifica ás compañías españolas líderes en prácticas de Responsabilidade Social Corporativa. O índice FTSE4Good IBEX está deseñado para facilitar aos investidores información sobre as empresas que cumpren coas mellores prácticas en materia ambiental, social e de Goberno Corporativo a nivel global e tamén serve de apoio a aqueles que desexan promover cambios positivos nas corporacións e aliñar as súas carteiras cos seus valores.
Con este recoñecemento pasamos a formar parte dun índice composto por 48 empresas do Mercado Continuo. A incorporación ao FTSE4Good IBEX supón un importante recoñecemento ao noso esforzo por incorporar as mellores prácticas de Goberno Corporativo e Sustentabilidade na xestión e á nosa aposta por unha Responsabilidade Social Corporativa integrada en toda a organización e aliñada co conxunto dos nosos obxectivos.
A Responsabilidade Corporativa do Grupo Euskaltel
Como operador e como asesor integral de comunicacións, no Grupo Euskaltel gústannos os proxectos sostibles que priorizan ás persoas porque sabemos que os seus coñecementos e competencias son claves para garantir a competitividade empresarial e cremos imprescindible vinculalos sempre a unha boa administración pola nosa banda, baseada no respecto das normas legais, éticas e respectando os dereitos de clientes, provedores, socios, empregados, autoridades, competidores e público en xeral.
En definitiva, no Grupo Euskaltel apostamos por unha Política Social Corporativa que nos permita consolidar un proxecto sostible, agrupado, coherente e socialmente responsable.
Podes consultar aquí máis información sobre a nosa Política Social Corporativa.