Moitos tedes en casa o voso novo lugar de traballo. O mundo laboral é moi cambiante debido ás necesidades e á oferta e a demanda do mercado, así que moitas empresas e autónomos decidiron instaurar o teletraballo.
Moita xente pensa que traballar dende casa é a panacea, pero non é así xa que require moita máis disciplina e organización que se estás nun posto de traballo.
Outra das lendas urbanas que hai sobre este concepto é que facilita a conciliación ás mulleres que son nais, pero é mentira .
Por que se traballa dende casa?
Son moitas as causas que che levan a traballar dende o teu fogar. É a alternativa máis económica para pequenas empresas e emprendedores que están a dar os primeiros pasos no seu proxecto. Podes deseñar o teu propio horario e adaptalo á túa situación persoal, aforrar en transporte se o teu posto de traballo está moi lonxe da túa casa, poder desempeñar o pluriempleo, e seguramente moitos máis factores en función de cada caso particular.
Consellos
Se te ves na situación de teletraballar debes seguir unha serie de consellos para poder separar a túa vida persoal da túa vida laboral no fogar:
- Busca un recuncho da túa casa no que só vaias traballar.
- Marca un horario, máximo de 8 horas diarias, que vaias cumprir para establecer unha rutina laboral.
- Cando establezas a túa xornada ten en consideración os horarios das persoas que viven contigo. Así evitarás molestias.
- Desconecta cada hora ou hora e media para tomar un respiro.
- Dispón dun bo equipo informático e ten a man o contacto dun equipo de soporte por se acaso .
- Faite cunha boa conexión a internet. En R dispoñemos destas ofertas para profesionais e empresas.
- Asegura os teus equipos cun antivirus, seguridade R protexe ata tres ordenadores sen custo adicional.
- Fai copia de todos os teus arquivos, para que non che pase o que pasou o outro día co ransomware. R ofréceche a solución back up R para ter a salvo os datos da túa empresa.
- Contrata unha tarifa de móbil que che permita sempre estar conectado a internet e en contacto cos teus clientes. En R dispoñemos de varias tarifas para que elixas a que mellor se adapte aos teus horarios.
Con estas premisas básicas xa estás listo para comezar a traballar desde un novo lugar: a túa casa. Xa o probaches?
Ata a próxima!
Imaxe de Farrel Nobel e gif de http://fuckyeahreactiongifs.tumblr.com.