A transformación dixital xera novas liñas de negocio e dinámicas de traballo. Os/as traballadores/as xa non desenvolven a súa actividade sempre dende un mesmo lugar e, con iso, xorden novas formas e espazos de traballo, como os chamados coworking ou as oficinas virtuais.
Que é un coworking e que vantaxes ten
A palabra "coworking" está formada por "co", de "colaborative" e, "work", que significa traballo en castelán; é dicir, trátase dun espazo de traballo compartido que responde á idea dunha oficina flexible na que diferentes persoas desenvolven o seu labor profesional sen pertencer a unha mesma empresa, nin profesión, nin sector.
Algunhas das vantaxes e atractivos dos espazos de coworking son:
- Redución de custos, ao compartir gastos de mantemento do local, luz ou servizos comúns, dende a cafeteira á impresora.
- Oficina plenamente operativa e, ademais, deseñada por expertos/as. Non só evitarás ter que ocuparte de acondicionala senón que ademais este tipo de espazos contan coa experiencia dos "coworkers", que coñecen as necesidades reais dos profesionais e saben como responder a elas.
- Evita tarefas repetitivas de administración ou loxística, xa que adoitan realizarse de forma compartida, internamente ou contratando empresas especializadas.
- Dá unha imaxe profesional. Unha das grandes vantaxes do coworking é que dispós de salas de reunións e espazos apropiados para reunións con clientes/as ou provedores/as.
- Traballas nun espazo adecuado para establecer dinámicas colaborativas. Porque a colaboración e a cooperación poden ir máis aló de compartir gastos e espazos físicos. É un ambiente propicio para establecer alianzas ou desenvolver proxectos conxuntos.
- Amplía e diversifica a túa rede de contactos. Estás en contacto diario con diferentes perfís e sectores profesionais, o cal favorece o networking e lles abre a porta a novas ideas e liñas de negocio.
- Actividades conxuntas. Por exemplo, é moi habitual que se impartan clases de idiomas, márketing ou novas tecnoloxías, xa que resultan interesantes para profesionais de todos os perfís ou sectores.
Que é unha oficina virtual e cales son as súas vantaxes
Unha oficina virtual, en termos xerais, é aquela que tes contigo no lugar e momento que queiras, sen necesidade de contar cun espazo físico permanente, pero que conta con todos os recursos necesarios para que os/as empregados/as poidan realizar o seu traballo de forma eficiente, temporal ou permanentemente.
Estas son algúns dos seus aspectos máis valorados:
- Facilita a mobilidade e a deslocalización. En plena era do teletraballo isto é tan útil como necesario.
- Eficiencia enerxética e de consumo.
- Sen necesidade de estabilidade nin compromisos a longo prazo. Podes ir adaptándote en función de necesidades e obxectivos.
- Personalizable. Adáptase facilmente a cambios e nela podes seleccionar de forma fácil e rápida que servizos usar ou descartar.
- Conexión permanente. En tempo real e, se é necesario, as 24 horas do día.
- Percepción de modernidade e axilidade, algo moi demandado nos crecentes mercados dixitais.
R, solucións tecnolóxicas para os novos espazos e formas de traballo
En R adaptámonos ás vosas necesidades e aos novos escenarios.
Nun mundo dixitalizado e hiperconectado, dispoñemos de peme MAX. Unha solución tecnolóxica pensada para que sempre esteades ao día, "ON", con internet de alta velocidade permanentemente dispoñible. Tamén inclúe móbil con GB e chamadas ilimitadas e centraliña virtual na nube con funcionalidades avanzadas.
Nesta situación, contar cun bo servizo de ciberseguridade é mesmo máis necesario. O noso servizo de Ciberseguridade Pemes con seguridade dixital multidispositivo manterá os vosos aparellos a salvo de posibles ataques informáticos, con soporte técnico experto e ferramentas de análise e protección para garantir a seguridade dos datos do voso negocio.
Esteades onde esteades, con ferramentas como Microsoft 365 empresa dispoñeredes de acceso rápido e seguro a toda a información da vosa empresa dende calquera dispositivo.
A dixitalización, acelerada pola pandemia, xoga con regras novas e diferentes ás das oficinas e traballadores/as tradicionais. Na actualidade, incluso moitas grandes empresas prescinden de postos fixos e habilitan salas de uso compartido que os/as empregados/as usan libremente para desenvolver a súa actividade profesional.
Como asesores/as tecnolóxicos/as integrais, dende R ofrecémosvos solucións innovadoras e adaptadas ao contexto e ás necesidades actuais das vosas organizacións.
Ademais, grazas ao Kit Dixital, unha iniciativa dirixida a impulsar a transformación dixital de pequenas empresas, microempresas e traballadores/as autónomos/as, podes realizar procesos de dixitalización sen que supoñan un custo para ti. En R somos axentes dixitalizadores, polo que podemos tramitar o bono dixital por ti.
Se queres coñecer as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulário.