Unha boa conexión a internet é indispensable para toda empresa, non hai dúbida, pero a día de hoxe necesítase ir máis aló. A rede é unha fonte inesgotable de posibilidades na que podemos atopar multitude de novos servizos e aplicacións, mais tamén de ameazas que continuamente increméntanse e actualízanse, e fronte ás que debemos protexernos.
Neste contexto, lanzamos NOBA Empresa, renovando así os nosos accesos de banda ancha para ofrecervos un servizo que non só vos achegue unha potente conexión á rede senón tamén maior seguridade e protección para os datos e os recursos das vosas empresas. Unha solución con máis velocidade en todos os nosos accesos a internet, dende un mínimo de 350 Mbps ata 1 GB, e coa seguridade que achega o novo servizo ciberseguridade pemes R.
Trátase dun soporte tecnolóxico integral para protexer a información e os dispositivos da vosa empresa fronte a ciberataques, con servizos como o soporte experto de ciberseguridade, a análise de vulnerabilidade en rede e web e a protección e configuración de equipos.
Cun experto dixital a disposición da túa empresa sempre que o necesites
Un dos alicerces do noso servizo é que contamos con apoio técnico experto as 24 horas do día os 7 días da semana que nos permite lle dar soporte a todos os dispositivos conectados a internet da vosa empresa, resolver dúbidas ou problemas sobre as aplicacións e as plataformas Microsoft 365 e Google Workspace ou atender calquera incidencia ante posibles vulnerabilidades, ou de instalación e configuración, con desprazamentos mesmo ata a vosa oficina se fose necesario. Con NOBA Empresa non só resolvemos incidencias relativas ao acceso a internet, que ademais terán un compromiso en tempos de resolución de máximo 8 horas, senón que tamén atendemos calquera incidencia relativa aos dispositivos e aplicacións da túa empresa, independentemente do router que teñas instalado.
A día de hoxe, a ciberseguridade converteuse nunha prioridade para as empresas; sodes conscientes de que un ataque nos vosos sistemas pode supoñer grandes perdas de información, de recursos e mesmo de reputación, de aí a importancia que ten dispoñer dun acceso a internet dotado de solucións de ciberseguridade avanzada que farán máis seguros os dispositivos e a información importante da túa empresa. NOBA Empresa conta co antivirus Bit Defender Total Security, un dos mellores softwares de protección do mercado fronte a ataques de virus e malware. Ademais, poderás realizar copias de seguridade e encriptar na nube a información da túa empresa de forma que a información sempre estará accesible e poderás recuperala en todo momento.
Ademais, NOBA Empresa posibilita realizar análise de vulnerabilidades da rede e da túa web, revisándoa para identificar se a través dela podes sufrir algún ataque ou roubo de información e asegurándonos de que a túa canle de venda é segura.
En suma, falamos dun servizo de Asesoría Tecnolóxica Integral experto ademais en ciberseguridade que permite mellorar a protección das empresas fronte a ataques.
Aquí tes máis información sobre NOBA Empresa. Se queres saber máis das nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.