Se es autónomo ou unha pequena empresa non fai falta que che lembremos que podes levar a oficina onde ti queiras. Pero se alí onde vas non hai conexión wifi, tira de datos e utiliza unha multiSIM.

Que é e que pode facer unha multiSIM de datos polo teu negocio?

Unha multiSIM de datos é unha tarxeta SIM (en calquera formato: SIM, microSIM ou nanoSIM) que che permite compartir o plan de datos da túa tarifa de móbilR co teu portátil, o teu iPad ou calquera outro dispositivo que teñas, sempre que non esteas no estranxeiro.

O que navegues desde cada dispositivo acumúlase na túa tarifa. Desta maneira, non terás que contratar un plan internet de móbil para cada dispositivo.

Como podo controlar os datos que estou a consumir?

Ao compartir a túa tarifa con outros dispositivos necesitas controlar o teu consumo de datos.

Desactivar as actualizacións automáticas das apps se non estás por wifi ou controlar os datos que levas consumidos a través da app de R, axudarache a manter o teu consumo a machada. Neste post, deixámosche uns cantos trucos que che axudarán a aforrar aínda máis.

Se isto non é suficiente, non te preocupes: se tes unha multiSIM de datos, tes tamén wifi gratis na rúa para a túa tablet con wificlientesR.

Canto custa unha multiSIM de datos?

Cada tarxeta multiSIM ten un custo de 2,48 €/mes (3€ IVE incl.) R ofréceche a posibilidade de contratar ata 4 tarxetas adicionais coas que compartir a túa tarifa.

Se queres contratar, achégate a calquera tenda R, chama ao 1446 ou déixanos os teus datos no formulario de contacto que atoparás ao final deste post.

Se necesitas optimizar o teu tempo e levar a túa oficina alá onde vaias, utiliza unha multiSIM de datos para compartir a túa tarifa de móbilR coa túa tablet cando non teñas wifi.

Be online my friend...