Multiring é un servizo que se engloba dentro de móbilR e que permite asociar o teu teléfono fixo da oficina ao teu número de móbilR. Ti que non paras na oficina e andas sempre de visita aos clientes, poderás recibir todas as chamadas ao teu móbil sen perder ningún aviso, xa sexa para ben ou para mal
.
Podes escoller que as chamadas que ao fixo tamén soen no móbil, ou viceversa. Ti configuras onde responder, xa que podes modificar o comportamento do servizo na web de clientes a través do botón multiring.
Como funciona o multiring?
O único requisito para poder ter o servizo multiring é que teñas contratada unha liña fixa e outra de móbilR. Deste xeito poderás asociar a túa liña móbil á túa liña fixa, sempre e cando non teñas un fax asociado á fixa.
No seguinte vídeo podes ver máis detalladamente como funciona este servizo:
Xa tes claro como vai isto do multiring? En todo caso, temos á túa disposición o manual do servizo, onde podes ver todas as súas funcionalidades.
E recorda que na web de clientes podes cambiar a configuración do servizo sempre que queiras. Así no teu tempo libre podes indicar que as chamadas do fixo da oficina non soen no teu móbil e cando teñas algo urxente podes manter configurado o servizo para que te chamen ao fixo e ao móbil e ti respondes no que teñas máis preto.
Canto custa o multiring?
Podes combinar o fixo no móbil e o móbil no fixo por só 3€ /mes +IVE así que non agardes máis para facerte con el, chamando ao 1446.
De todos os xeitos, para as dúbidas que che xurdan podes consultar a nosa sección de preguntas e respostas sobre o multiring. Ou, coma sempre, con calquera consulta aquí estamos.
Ata a próxima!