Unha das primeiras decisións que deberás tomar no teu camiño como emprendedor será escoller entre arriscar cun modelo de negocio propio ou apostar por montar unha franquía. Con esta última opción consegues reducir o risco de fracaso inicial, xa que o negocio xa foi probado con éxito.
Se a túa idea é iniciarte no empredemento con rede de seguridade, montar unha franquía pode ser unha boa opción. A primeira máxima que deberás ter en conta é non fiar do que brila unha marca coñecida, documentarte e escoller unha franquía que poda triunfar na túa zona. Para axudarte a elexir sigue lendo e descubirás as claves para montar unha franquía con éxito.
Consellos para montar unha franquía con éxito
Estuda o sector antes de lanzarte
No elixas unha franquía só porque pareza atractiva ou porque triunfou noutro lugar. Analiza en qué es experto e en qué sector tes máis posibilidades de innovar e de aportar algo novo. Inda que a franquía che proporciona formación e know-how, se ti podes aportar valor propio, moito mellor. Non penses só en qué te vai a proporcionar a franquía, senón cómo podes enriquecer ti un modelo de negocio xa existente.
Información, información, información…
As franquías acostuman a ter informes completos sobre o seu modelo de negocio, especialmente redactados para por os dentes largos e que digas sí. Non te conformes coa información preestablecida. Pide balances de resultados, incluso de franquías de cidades concretas para poder comparar coa ubicación na que ti estás pensando, comproba a solvencia crediticia do negocio, consulta a rede en busca de referencias sobre o franquiador e se podes entrevistarte con algún outro franquiciado, moito mellor. Lembra que o franquiador tamén persigue negocio, estás na súa mesma situación, síntete libre de preguntar.
Desmigalla a letra pequena
A burocracia non é escasa cando aceptamos formar parte dunha franquía. Estuda ben as condicións que che esixen para montar un negocio baixo a marca que elixes. Terás que facer un desembolso inicial, uns pagos periódicos e é probable que teñas uns mínimos de inversión en publicidade. O máis seguro é que o consultes cun avogado se tes dúbidas sobre o contrato que che unirá ao franquiador. Estuda ben si son condicións que podas asumir para non verte atrapado nun negocio que non será rendible. Se sirve de axuda, é recomendable dispor do 30% de inversión en recursos propios.
Tenta compartir filosofía ca franquía
Se decides entrar a formar parte dunha franquía, asegúrate de que compartides filosofía. Non terás autonomía do 100%, por iso canto maior afinidade teñas cos valores da empresa á que te vaias a asociar mellor, porque non os vas poder cambiar. Pode ser que leves a xestión do teu negocio a túa maneira, pero terás unha imaxe e unhas condicións que cumprir. Por iso, canta maior sexa a túa afinidade co fraquiador, mellor.
Sitúa a franquía
Os franquiciados están importando un modelo de negocio pode ser exitoso nun mercado e fracasar noutro. Por iso é tan importante estudar a zona na que queremos abrir a franquía. O produto ou servizo que ofrecemos é innovador na zona, existe demanda, o meu negocio ten futuro? É indispensable que penses como se foses montar o teu propio negocio, realiza un estudo do mercado no que queiras estar. Debes comprobar que o modelo que compraches ten posibilidades de triunfar no teu medio.
Montar unha franquía é unha opción moi interesante para os que busquen montar un negocio, pero é importante que non o fagas a calquera prezo. Dedícalle tempo á investigación, fórmate e non te deixes levar polos cantos da serea. O éxito pode ser teu.