Seguro que oíches falar de Microsoft 365. É unha plataforma de produtividade baseada na nube que ofrece ferramentas e servizos para empresas como correo electrónico, calendario, procesamento de textos, ferramentas de colaboración e almacenamento cloud. Unha solución integral para dinámicas de traballo actuais.

Antes chamado Office 365, Microsoft 365 inclúe todo o que coñeces de Office 365 e, ademais, mellora a produtividade a base de Intelixencia Artificial, aplicacións innovadoras, servizos intelixentes na nube e seguridade avanzada. Neste post imos contarche que ofrece Microsoft 365.

Microsoft 365 é unha solución versátil coa que tirarás partido ao teu día a día.

Aplicacións de Office: Incorpora as últimas aplicacións de Microsoft 365: Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Publisher... Todas elas contan con versións de escritorio, móbil e web.

Por certo, non é necesario conectarse a Internet para usar as aplicacións de Office (como Word, Excel e PowerPoint) porque xa están completamente instaladas no equipo.

Ferramentas de produtividade avanzadas. Microsoft 365 optimiza os procesos e aumenta a eficiencia operativa a base de ferramentas unificadas e dotadas da máis innovadora tecnoloxía. Aquí podemos falar, por exemplo, de Power Automate, que automatiza fluxos de traballo, ou de Power BI, unha completa solución para a análise de datos.

Ferramentas de traballo colaborativo: É un dos grandes puntos de atención de Microsoft 365, que che permite organizar reunións en liña ou transmisións en vivo para todo o equipo.

Á vosa disposición, Microsoft Teams, unha plataforma que combina chats, videollamadas, reunións e acceso a documentos en tempo real para múltiples usuarios/as e dispositivos.

Intelixencia Artificial da man de Microsoft 365 Copilot, un bo exemplo de como usar a IA nas tarefas máis habituais. Para xerar borradores, ideas ou notas; axilizar chamadas ou supervisar colas de chamada; ou para traducións en tempo real.

Se queres coñecer máis detalles de Microsot Copilot, bota unha ollada a estoutro post do noso blog.

Ciberseguridade: Microsoft 365 inclúe protección avanzada contra ameazas cibernéticas, control de acceso e xestión de dispositivos, copias de seguridade automáticas e recuperación de arquivos en caso de, por exemplo, ataques ransomware ou eliminación accidental.

Tamén permite establecer unha base de seguridade Zero Trust que axude a protexer identidades, endpoints (dispositivos) e datos, e a administrar dispositivos e aplicacións dos/as teus/túas empregados/as de primeira liña. Nun só lugar e aplicando directivas de acceso remoto.

Hai plans de Microsoft 365 para fogar, negocios e empresas, tanto pequenas como grandes organizacións. En calquera caso, opcións axustadas ao voso orzamento e necesidades e que proporcionan unha solución integral na que se reúnen produtividade, colaboración e seguridade nun ecosistema conectado.

Se queres saber máis sobre Microsoft 365 ou sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.